A economía social trátase dun pilar fundamental que a vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, puxo en valor durante a presentación do Manifesto da Economía social en Santiago de Compostela, que este ano acolle a capitalidade da economía social como recoñecemento a este sector en Galicia e a cidade de Compostela en concreto.
No evento de presentación, que se celebrou o pasado luns, tivo a oportunidade de participar APE Galicia, facendo representación das persoas autónomas e pequenas empresas da comunidade galega. Tal e como destacou a ministra, a Economía Social en Galicia xera o 7% do PIB e está conformada por 7.300 entidades, entre elas cooperativas agroalimentarias, gandeiras, culturais, de vivenda, cofradías de pescadores, sociedades laborais, empesas de inserción laboral, centros especiais de emprego, mutualidades, asociacións e fundacións. É o noso deber poñer en valor, loitar e invertir para que esta economía social, na que traballan ao redor de 25.000 persoas en Galicia, medre cada vez máis.