O Foro de Empresa de Pontevedra, coa colaboración do Banco Sabadell, celebrou esta mañana o seminario web “Retos futuros das emperesas de Galicia” que contou coa intervención do presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, D. Juan Manuel Vieites Baptista de Sousa.

A incerteza da economía global e, polo tanto, da galega debido a crise sanitaria xurdida polo coronavirus e a necesidade das empresas galegas de mellorar na súa reindustrialización e na competitividade dos seus negocios centraron a ponencia deste foro ao que asistiu APE Galicia.

Así, o novo presidente da Confederación de Empresarios de Galicia lembrou que todas as empresas operan na actualidade nun mercado globalizado que, a pesar do seu territorio e situación, comparten unha serie de retos, como a Economía Verde, Economía Circular, a dixitalización e a reindustrialización, que xa existían antes do inicio a pandemia e que agora interveñen coa necesidade de manter os negocios e tomar medidas que os adaptan a nova realidade.

As pemes, como pilar fundamental da economía tanto pola xeración de emprego como pola súa contribución no Producto Interior Bruto, deben ser protagonistas na recuperación da economía polo que precisan de melloras en tres puntos fundamentais: a reforma da carga administrativa con mecanismos que permitan unha burocracia máis áxil e delimiten os tipos de gravamen, a mellora no acceso á financiación e o desenvolvemnto da súas capacidades coa dixitalización.

Para iso, Juan Manuel Vieites asegurou que as pequenas e medianas empresas necesitan do apoio de todas as Administracións públicas para que atendan tanto as súas necesidade xenéricas basadas na competitividade, resilencia e sustentabilide, como as específicas dun sector con moita diversidade, sobre todo se se quere evitar que a crise sanitaria que estamos a vivir agudice cada vez máis a crise financieira.

Aínda que a Comunidade Galega esta a resistir mellor esta crise con respecto a situación doutras Comunidades Autónomas, o pronóstico para os próximos meses é que os efectos negativos vanse a agudizar á espera da evolución de factores como a vacinación, a inmunización e o reestablecemento económico e social polo que non se espera un crecemento sostible ata a primavera do 2022.

Vieites considera insuficiente as medidas que se adoptaron ata o momento, a pesar de que a Xunta de Galicia é unha das instutición que máis aportou cos 170 millóns de euros para o rescate dos sectores máis afectados como os autónomos, comercio, hostalaría e turismo; polo que reclama unha maior colaboración das Administracións Públicas para acadar un consenso global na coordinación da xestión dos recursos que é preciso que cheguen ao maior número de empresas para poder sobrevivir e desenvolverse.

É primordial que neste esforzo estén implicadas as institucións locais, provinciais, autonómicas, estatais e europeas, tanto en aportacións económicas como de información, acompañamento, formación e simplificación dos recursos e trámites dos futuros planes, como o Fondo Next Generation da Unión Europea, como o Plan Nacional de Recuperación e Resilencia do Goberno central que se esperan neste ano.

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?