O número de persoas rexistradas nas oficinas do Servicio Público de Emprego no mes de agosto aumentou en España con respecto ao mes anterior en 40.428 persoas, un 1,4% máis en relación co mes anterior, situándose en 2.924.240 persoas. (En agosto de 2021 había un total de 3.333.915 persoas paradas, o que supón 409.675 persoas paradas máis o ano pasado).

Pola súa banda, en canto aos contratos rexistrados durante o mes de agosto, estes sitúanse en 1.283.791 (371.724 menos que o mes anterior), dos que un 39,47% son de carácter indefinido.

Datos en Galicia

Persoas paradas en Galicia

En concreto en Galicia, o paro sitúase en 141.912 persoas, das cales 83.799 son mulleres e 58.113 son homes.  Esta cifra supón un total 2.062 persoas paradas máis que o mes pasado (o que supón un 1,47% máis) e 9.352 persoas menos que en agosto do ano pasado (un 6,18% menos).

Se analizamos por sectores, os peores datos en canto ao número de persoas paradas recólleo o sector servizos con 100.747 parados (1.681 máis que o mes anterior), en segundo lugar sitúase a industria con 14.957 persoas paradas (214 máis que en xullo), seguido do sector da construción con 9.919 parados (41 máis que o mes pasado) e, en último lugar, está a agricultura, que se trata do único sector que descende no número de parados ao ter 4.761 persoas paradas (103 menos que en xullo).

Se nos centramos nas provincias galegas, A Coruña sitúase como a provincia cun maior número de persoas rexistradas no SEPE ascendendo esta cifra a 56.569 persoas (816 máis que en xullo), Pontevedra estaría en segunda posición con 54.849 persoas paradas (795 máis que en xullo), o número de parados en Ourense é de 16.763 (199 máis que o mes pasado) e Lugo ten rexistradas 13.731 persoas paradas (252 máis que en xullo).

Evolución dos contratos en Galicia

En Galicia os contratos rexistrados sitúase en 71.783 (o que supón unha baixada de 14.940 con respecto ao mes pasado), dos cales 20.873 foron contratos indefinidos.

Máis polo miúdo, o número de novos contratos descendeu en todas as provincias da comunidade, na Coruña rexistráronse 29.785 contratos (5.715 menos que en xullo), en Pontevedra 28.049 (6.477 menos que o mes anterior), en Lugo 7.755 (2.144 menos que o mes pasado), e en Ourense 6.194 (604 menos que en xullo).