De media, no conxunto de España, o 85,5% dos autónomos persoa física opta pola base mínima de cotización, sendo só Galicia (75,5%), Navarra (76,2%), Asturias (76,3%) e País Vasco (77,1%) as Comunidades Autónomas que contan cunha porcentaxe maior de persoas traballadoras autónomas que deciden cotizar por algo máis que pola base mínima.
Esta tendencia ten como consecuencia a redución na calidade das prestacións, xa que se se cotiza pola base mínima (944,4 euros), págase unha cota de 286,1 euros ao mes á Seguridade Social; frente ao que cotiza pola base máxima (4.070,1 euros) que pagaría 1.233,2 euros mensuais, o que repercute en aspectos coma a prestación por xubilación na que nótanse importantes diferenzas: de media, un xubilado que se acolleu ao RETA cobra 824,34 euros ao mes; mentres que o xubilado do Réxime Xeral percibe 1.407 euros ao mes, unha diferenza de case o dobre.
A decisión débese, entre outras, a seguintes razóns:
– A regulación do RETA vén do Decreto 2530/1970 do 20 de agosto e na Orde do 24 de setembro de 1970. Nese momento, estableceuse un sistema de bases mínimas e máximas (aínda que tamén hai bases en función da idade, entre outras situacións) opcional para o autónomo que non ten en conta en ningún caso os rendementos reais, mentras que no Réxime Xeral cotízase en función do salario real e o traballador non pode optar.
– Problemas estruturais e unha facturación variable e pouco previsible, tendo en conta, ademais, os tempos en que nos atopamos.
Por iso, para salvar estas diferenzas, no seu día APE Galicia uniuse á proposta para modificar o sistema de cotización regulando un novo sistema que teña en conta os ingresos netos. Así, os autónomos de altos ingresos terán que cotizar máis e os autónomos de menos ingresos cotizarán menos, con prestacións equiparables.
Trataríase, por tanto, dun sistema máis solidario, e ademais as persoas traballadoras autónomas con recursos e próxima á idade de xubilación, veranse beneficiados coa reforma, mentres que os autónomos con facturación reducida non terán que pagar os 289 euros ao mes.
En 2022 está previsto que chegue este cambio a través do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, que dirixe José Luis Escrivá. O ministro xa presentou un primeiro borrador ás principais asociacións de autónomos do noso país e a primeira novidade é que o novo sistema de cotización non afectará a todos os autónomos da mesma maneira.
O que transcendeu ata o momento é que para a súa implantación prepáranse varias fases e, no novo sistema de cotización, os traballadores autónomos, poderán elixir entre 13 bases de cotización diferentes, dentro duns tramos en función dos ingresos que prevén ter.
Con este sistema 1,1 millóns de persoas traballadoras autónomas que ingresan menos de 25.000 euros anuais pagarían menos, ao contrario das 700.000 persoas traballadoras autónomas que actualmente ingresan máis de 25.000 euros anuais e que verían incrementada a súa cota mensual. Doutra banda, os traballadores autónomos que ingresen cantidades inferiores ao SMI poderán optar por cotización en base a varios tramos. Ademáis, o sistema permitiría modificar a base de cotización entre catro e seis veces ao ano, co obxectivo de adecuala aos ingresos netos reais.
Seguindo esta novo sistema, a idea é que no mes de novembro as persoas traballadoras por conta propia envíen os rendimentos netos obtidos á Tesorería Xeral da Seguridade Social, que se compararían co cotizado e se actuaría según a diferenza: se a cotización é superior aos ingresos reais, a Seguridade Social devolvería o exceso, mentras se é inferior, solicitaríase o desembolso do faltante.
Con esta reforma, preténdese unha mellora na xubilación ao final do proceso para a persoa traballadora autónoma que cotiza 1,5 veces a base mínima, unha pensión de 1.134,44 euros ao mes, e non os 755,52 euros ao mes que percibe agora.
Con todo, e debido a situción xurdida pola pandemia, deberase analizar se é bo momento para introducir esta reforma coa crise actual, polo que dende APE Galicia entendemos que, a pesar de transcender este primeiro borrador, aínda non hai nada pechado polo continúan as negociacións entre as partes implicadas.