A Deputación da Coruña aprobou por unanimidade unha nova liña do Plan de Emprego Local (PEL) cun orzamento este ano doutros 12 millóns de euros para un novo plan de axudas destinado aos autónomos e pequenas empresas dos sectores máis afectados pola Covid-19, coma a hostalería, o pequeno comercio ou as empresas relacionadas co sector turístico, o que supón preto dun 7% do orzamento total da Corporación provincial para este ano.
O novo plan dará continuidade ao PEL-Reactiva, realizado en colaboración cos concellos, que están distribuíndo as axudas por importe total de 12,5 millóns de euros entre miles de pequenas empresas da provincia.
Ademais das liñas habituais para subvencionar a contratación de persoal ou impulsar a actividade das empresas, o PEL 2021 incorporará importantes novidades como axudas para subvencionar o 70% da cota de autónomos ou a posibilidade de compatibilizar as diferentes liñas de axudas entre si.
Por outra banda, tamén deuse luz verde aos convenios coas cidades da Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela polos que a Deputación achegará un total de 3 millóns de euros para complementar os fondos dos plans de reactivación económica destes tres municipios: PRESCO, PAME e Plan de Reactivación Económica e Social de Santiago. En concreto, A Coruña recibirá 1,2 millóns de euros, Santiago 1 millón e Ferrol 800.000 euros.