Para conmemorar o Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo 2021, a Consellería de Emprego e Igualdade da
Xunta de Galicia, a través do
ISSGA – Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia
, organiza a webinar «A CULTURA PREVENTIVA, MOTOR DE RESILENCIA» o luns 26 de abril ás 9:45 horas.
Trátase dun espazo de intercambio para recoñecer a importancia da cultura preventiva na construción da resiliencia colectiva e o valor do labor das e dos profesionais da seguridade e saúde no traballo na crise sanitaria actual.
Para asistir a este evento debes rexistrarte na web https://issga.atservicios.com/a-cultura-preventiva-motor…/ e recibirás un e-mail coa confirmación.