O goberno vén de publicar o Real Decreto-lei 11/2022, do 25 de xuño, polo que se adoptan e se prorrogan determinadas medidas para responder ás consecuencias económicas e sociais da guerra en Ucraína para facer fronte a situacións de vulnerabilidade social e económica, e para a recuperación económica e social da illa da Palma.

Dentro deste decreto-lei apróbase unha liña directa de axudas a persoas físicas de baixo nivel de ingresos e patrimonio que sexan asalariados, autónomos ou desempregados.

En concreto, trátase dunha axuda, en pago único, de 200 euros de contía, que ten como obxectivo paliar o efecto prexudicial nos prezos ocasionado pola crise enerxética derivada da invasión en Ucraína en situacións de vulnerabilidade económica, non cubertas por outras prestacións de carácter social, como é o caso das pensións contributivas, do ingreso mínimo vital, ou das pensións de xubilación e invalidez non contributivas.

O importe total das axudas estímase en 540 millóns de euros.

QUEN PODE SOLICITAR ESTA AXUDA?

Poden beneficiarse desta axuda as persoas físicas que na entrada en vigor do real decreto-lei (27 de xuño) realicen unha actividade por conta propia ou allea pola cal estean dados de alta no réxime correspondente á Seguridade Social ou mutualidade, ou sexan desempregados inscritos na oficina de emprego (sexan beneficiarios ou non da prestación ou subsidio por desemprego), sempre que en 2021 percibiran ingresos inferiores a 14.000 euros anuais, e tiveran un patrimonio inferior a 43.196,4 euros anuais.

O cómputo de ingresos e patrimonio efectuarase de maneira conxunta, considerando todas as persoas que residan co beneficiario nun mesmo domicilio a data de 1 de xaneiro de 2022 e estean unidos entre si por un matrimonio ou análoga relación de afectividade á conxugal con polo menos dous anos de antelación ou por parentesco, ata o terceiro grado, incluído os afíns, con calquera dos anteriores, así como outras persoas coas que calquera dos anteriores conviva en virtude de garda con fins de adopción ou acollida familiar permanente.

*NON terán dereito á axuda aquelas persoas que, na data de entrada en vigor do decreto-lei (27 de xuño) perciban o ingreso mínimo vital, ou pensións aboadas polo Réxime Xeral e os Réximes especiais da Seguridade Social ou polo Réxime de Clases Pasivas do Estado, así como aquelas persoas que perciban prestacións análogas ás anteriores recoñecidas aos profesionais non integrados no Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos polas mutualidades de previsión social mencionado, sempre que se trate de prestacións por situacións idénticas ás previstas para a correspondente pensión da Seguridade Social.

SOLICITUDE E PRAZO

As solicitudes presentaranse na Sede Electrónica da Axencia Estatal da Administración Tributaria, cubrindo o formulario electrónico que a tal efecto se poña a disposición pola mesma (https://sede.agenciatributaria.gob.es/Sede/procedimientoini/GC51.shtmlata o 30 de setembro de 2022, e no que, necesariamente, deberá figurar a conta bancaria na que desexe que se realice o abono.

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?