O Goberno vén de poñer a disposición dos solicitantes, na Sede Electrónica da Axencia Estatal de Administración tributaria o novo formulario, para a solicitude da axuda ao sector de transportes por estrada: https://sede.agenciatributaria.gob.es/Sede/procedimientoini/GC52.shtml

Máis polo miúdo, estas subvencións están dirixidas ás persoas traballadoras autónomas e sociedades con personalidade xurídica propia que:

  1. Estean dadas de altas, dende o 15 de xullo, no Rexistro de Empresas e Actividades de Transporte como titulares dunha autorización de transporte de calquera das clases VDE, VT, VTC, VSE, MDPE, MDLE
  2. Teñan a súa disposición licencia expedida en Ceuta e Melilla para vehículos taxi
  3. Sexan titulares de autobuses urbanos conforme á clasificación por criterios de utilización do Regulamento Xeral de Vehículos e que estean dados de alta o Rexistro da Xefatura central de Tráfico

As axudas, en función do número e tipo de vehículo explotados por cada beneficiario, irán dos 300 aos 1.250 euros por vehículo e o prazo de presentación do formulario pecha o 30 de setembro do 2022.

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?