O Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, no que se atopan representadas todas as Comunidades e Cidades Autónomas e o Ministerio de Sanidade, aprobou a declaración de actuacións coordinadas fronte á Covid-19 con motivo da festividade de San Xosé e da Semana Santa 2021.
O obxectivo é prescindir de actividades non esenciais onde non poida garantirse o cumprimento das medidas preventivas, manter aquelas que demostraron ser efectivas para o control da pandemia e evitar viaxes innecesarias durante o período comprendido entre o 17 e o 21 de marzo, naqueles territorios nos que sexa festivo o día 19, como desde o 26 de marzo ao 9 de abril.
Medidas de obrigado cumprimento
Mobilidade: Estará limitada polo peche perimetral de todas as Comunidades Autónomas, salvo nas Illas Canarias e Illas Baleares. Con todo, non se poderá entrar nos seus territorios salvo nos supostos establecidos. Ademais, limitarase a mobilidade nocturna como máximo a partir das 23:00 e ata as 6:00 horas.
Reunións: Limitación de reunións en espazos públicos pechados a como máximo 4 persoas e seis en espazos públicos abertos. Ademais, en espazos privados as reunións limitaranse a conviventes.
Recomendacións
Non baixar o nivel de alerta no que se atopa cada comunidade autónoma desde as dúas semanas previas ao comezo da Semana Santa aínda que os indicadores sexan favorables, e por tanto, manter as medidas establecidas nese momento, ou aumentalas se a evolución dos indicadores así o esixise.
Non celebrar eventos masivos que impliquen aglomeración ou concentración.
Facer unha campaña institucional para evitar a relaxación de comportamentos baixo o lema “Non salvamos semanas, salvamos vidas”.