A ministra de Sanidade, Carolina Darias, confirmou onte na rolda de prensa posterior a reunión do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde a decisión de manter as medidas restritivas polo Covid-19 tomadas hai unhas semanas en relación ao ponte de San Xosé e a Semana Santa.
Así, a posibilidade de adiantar o peche de toda actividade non esencial ás oito da tarde ou limitar a mobilidade á propia provincia non foron finalmente tomadas en conta para afrontar os próximos días festivos pola Semana Santa.
Sen embargo, a ministra quixo lembrar que o plan vixente é un acordo de mínimos común e de obrigado cumprimento para toda España pero cada Comunidade ten a posibilidade de endurecer estas restricións, tendo en conta a súa incidencia e situación sanitaria en canto a propagación do virus.
Dende o Goberno galego, descártase un posible endurecemento das medidas restritivas xa que consideran as actuais suficientes para manter á estabilidade nos datos de contanxio na nosa Comunidade.
Actualmente, a norma xeral é que Galicia continúa pechada perimetralmente e o toque de queda continúa de 22 a 6 horas. Ademáis, quedan prohibidas as reunións de non convivintes en espazos de uso privado, quedando limitadas a seis persoas no exterior e catro no interior, agás nos concellos que se atopen no nivel máximo de restricións, onde tampouco poderá abrir a hostalaría ata as 21 horas ou saír da súa zona perimetral, como no resto do territorio galego.