O Boletín Oficial do Estado publicou hoxe o Real Decreto-lei 6/2021, do 20 de abril, con medidas para empresas e persoas traballadoras autónomas afectadas pola crise económica xurdida pola pandemia, complementarias ás xa establecidas no anterior Decreto-ley 2/2021, do 12 de marzo.

Estas medidas son:

Ampliado o marxen das Comunidades Autónomas para incluir máis sectores beneficiados nas axudas do Covid-19

Modificación do Real Decreto-lei 5/2021 de medidas extraordinarias de apoio á solvencia empresarial en resposta á pandemia da COVID-19, pola que se permite ás Comunidades Autónomas e ás cidades de Ceuta e Melilla ampliar os sectores e empresas que poderán beneficiarse da liña de axudas directas a autónomos e empresas dotado con 7.000 millóns de euros, atendendo ás especificidades do tecido produtivo de cada rexión e para os efectos que sobre as súas empresas e traballadores autónomos puidesen ter as medidas de contención da pandemia establecidas por cada rexión.

Inclúese, tamén, a posibilidade de que as Comunidades Autónomas e as cidades de Ceuta e Melilla, de forma excepcional, poidan outorgar axudas a empresas viables que tivesen un resultado negativo en 2019.

Liña de axudas directas a autónomos e empresas

Esta liña, dotada con 7.000 millóns de euros, canaliza axudas directas a través das Comunidades Autónomas e as cidades de Ceuta e Melilla a autónomos e empresas dos sectores máis afectados pola pandemia, cuxos ingresos caesen polo menos un 30% con respecto a 2019.

Estas axudas teñen carácter finalista e pódense empregar para o pago de débedas contraídas polas empresas desde marzo de 2020, como pagos a provedores, subministracións, salarios, arrendamentos ou redución da débeda financeira.

Os autónomos que tributan por estimación obxectiva poderán recibir ata un máximo de 3.000 euros, e o resto de autónomos e empresas entre 4.000 e 200.000 euros, quedando condicionadas ao mantemento da actividade ata o 30 de xuño de 2022.

Aprazamento ou fraccionamento de obrigacións non tributarias

Co fin de facilitar ás empresas o pago das súas obrigacións de carácter non tributario, habilítase ás Delegacións de Economía e Facenda a conceder ás empresas un período de carencia de dous anos desde a data do seu vencemento para o pago das mesmas, e un fraccionamento posterior da débeda de ata dous anos.

Este aprazamento e/ou fraccionamento do pago de débedas de natureza pública, non tributarias nin aduaneiras, derivadas do reintegro e/ou reembolso de axudas ou de préstamos concedidos pola Administración Xeral do Estado con dispensa de garantía, ten carácter voluntario e pretende  minorar o impacto da pandemia da Covid-19 no cumprimento de determinadas as obrigacións non tributarias de empresas e cidadáns.

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?