O Consello de Ministros aprobou o Real Decreto-Lei de medidas urxentes de apoio ao sector turístico, a hostalería e o comercio, encamiñadas a reforzar a actividade económica e apoiar as empresas e persoas traballadoras autónomas máis afectadas pola crise sanitaria do Covid-19.

Debido á evolución da pandemia e os seus efectos nestes sectores tan castigados polas medidas sanitarias que se tiveron que tomar, o Goberno central cre necesario estender a aplicación de algunhas das axudas aprobadas en meses anteriores, así como aprobar medidas novas, polo que elaborou cinco liñas de actuacións para aliviar a situación de empresas e autónomos, especialmente os relacionados coa actividade turística, hostaleira e comercial.

1)    GASTOS PARA REDUCIR GASTOS POR ARRENDAMENTO DE LOCAIS

Reducir os gastos fixos de arrendamento que soportan as empresas e as persoas traballadoras autónomas que se veron obrigadas a suspender a súa actividade ou reducir drásticamente a mesma. Dúas modalidades, primando os acordos pactados voluntariamente por arrendador e arrendatario:

·         Persoas físicas (menos de dez inmobles): Incentivo fiscal para rebaixar a factura do alugueiro polo que os propietarios de locais que estén alugados aos sectores de turismo, hostalería e comercio, van poder computar como gasto deducible no Impuesto sobre a Renta das Persoas Físicas (IRPF), a rebaixa do precio do prezo do aluguer que acorden cos inquilinos, durante os meses de xaneiro, febreiro e marzo do 2021.

·         Grandes tenedores (más de dez inmobles):

–       Rebaixa dun 50% no aluguer dos locais de hostalería e comercio durante o Estado de Alarma, se non hai un acordo sobre a condonación ou renegociación do pago.

–       Moratoria no pago de alugueiro, sen penalización nin intereses. Aplicarase de xeito automático durante o Estado de Alarma máis catro meses adicionais, tendo que aboar a renta durante os dos anos posteriores a súa finalización.

 

2)    MEDIDAS NO ÁMBITO LABORAL E DA SEGURIDADE SOCIAL

Amplíase as exencións do Real Decreto-Lei 30/2020, de 29 de setembro, de medidas sociais en defensa do emprego a determinados sectores produtivos relacionados coas actividades de comercio ao por maior de bebidas, restaurantes e postos de comidas, establecemento de bebidas, actividades dos xardín botánicos, parques zoolóxicos e reservas naturais, e actividades de xogo e azar. Así:

·         Quedan exoneradas de pagar parte das cotizacións sociais devendicadas en decembro de 2020 e xaneiro 2021, ademáis de ter unha redución do 85% nas súas cotizacións sociais, se ten menos de 50 traballadores, ou do 75% se ten 50 traballadores ou máis.

·         Bonificación do 50% as cuotas á Seguridade Social para os traballadores con contratos fixos discontinuos, dende abril a outubro do 2021

·         Aprazamento no pago das cotizacións á Seguridade Social do que podrán beneficiar tanto empresas como as persoas traballadoras autónomas.

 

3)    MEDIDAS EN MATERIA TRIBUTARIA

Vólvense a establecer medidas que xa estiveron vixentes e adoptar unhas novas. Estas son:

·         Aprazamento das débedas tributarias nun prazo de seis meses, sen intereses de demora durante os tres primeiros meses. Afecta a todas aquelas declaración-liquidacións e autoliquidacións cuxo prazo de presentación e ingreso sexa do 1 ao 30 de abril de 2021, ambos inclusive,

·         Aumento da redución no sistema de módulos do IRPF do 5% ao 20% a todas as actividades que tributan por ese sistema, e amplíase ata o 35% da redución nos sectores da hostalería, comercio e turismo, o que se verá reflexado no equivalente do réximen especial simplificado do IVA.

·         Posibilidade de cambiar con maior facilidade o seu sistema de tributación de estimación obxectiva a directa.

·         As persoas traballadoras autónomas que estén tributando en módulos poderán descontar no cálculo fraccionado de IVA e IRPF, os días do segundo semestre do 2020 nos que a súa actividade veuse suspendida ou comprometida polas restricións sanitarias.

·         Incentivo fiscal para fomentar a rebaixa da renda arrendaticia.

·         Maior deducibilidade das perdas no imposto de sociedades e o IRPF.

·         Redución do prazo para que as cantidades adeudadas polos arrendatarios de dudoso cobro pasado do prazo de seis a tres meses nos exercicios 2020 e 2021.

 

4)    MEDIDAS REGULATORIAS

Adaptar á situación provocada pola pandemia para beneficiar tanto a hostalería e o comercio, como para garantir a liquidez do sector turístico, coas seguintes propostas:

·         Establecer un réximen transitorio das zonas de gran afluencia turística para o 2021.

·         Flexibilizar os requisitos para o mantenemento dos incentivos rexionais, que son axudas financieiras que concede a Administración Estatal para fomentar a actividade empresarial con subvencións a fondo perdido e para paliar os desequilibrios interterritoriais.

·         Ampliar a moratoria para presentar concurso de acreedores.

 

5)    MEDIDAS DE LIQUIDEZ

O Goberno central reforza as financiacións e liñas de avales do Instituto de Crédito Oficia (ICO) para proporcionalas a empresas e persoas traballadoras autónomas dos sectores da hostalería, comercio e turismo, a través de:

·         Un novo tramo para autónomos e pemes dos sectores do turismo hostalería e actividades relacionadas, dotado con 500 millóns de euros e cunha garantía de ata 90% por parte do Estado

·         Financiación para as axencias de viaxes e operadores turísticos, avalado polo ICO, para a devolución dos anticipos de clientes por viaxes combinados e dereito de resarcimento.

·         Creación dunha sociedade de garantía recíproca de carácter exclusivamente turístico, para facilitar o acceso á financiación con garantías ao sector.

 

NORMATIVA

Real Decreto-ley 35/2020, de 22 de diciembre, de medidas urgentes de apoyo al sector turístico, la hostelería y el comercio y en materia tributaria.

 

https://www.boe.es/boe/dias/2020/12/23/pdfs/BOE-A-2020-16823.pdf

 

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?