O novo ciclo de encontros virtuais DOS+DOS DIRECTOS, organizado por Abanca e o Círculo de Empresarios, celebrou esta mañana unha nova edición, “Hostalaría e Restauración:decididos a resistir e reinventarse”, que contou coa intervención do socio director de Norfood, Miguel Álvarez, e co-fundador e xerente de La Pepita Bar, Santiago Salgueiro.

Ao longo dunha hora, os asistentes a esta reunión on line, entre eles a secretaria técnica executiva de APE Galicia, Sonia Acuña, puideron coñecer de primeira man a situación crítica que está a atravesar a hostalaría e a restauración, seguramente as actividades máis castigados pola crise sanitaria xurdida pola Covid-19.

Tal e como lembraron Miguel Álvarez e Santiago Salgueiro, estes sectores son clave para a nosa economía, tanto por emprego como por aportación ao PIB, polo que se requiren factores de impulso e oportunidades para poder recuperarse desta crise e adaptarse a unha nova realidade, basada na dixitalización e reinvención do negocio.

Para iso, ámbolos dous empresarios estiveron de acordo en reclamar un maior apoio das Administracións públicas, as cales deberían contar máis cos representantes da hostalaría e restauración que son o que coñecen realmente as necesidade e os problemas que atravesan o sector para mantener os negocios, moi castigados coas medidas restritivas sanitarias e, cando chegue o momento, para a súa recuperación.

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?