A declaración da pandemia da Covid-19 tivo un impacto sen precedentes, tanto social como económico, a nivel mundial. Dende que comezou a crise sanitaria hai case tres anos foron desencadeándose unha serie de efectos negativos para todas e todos.

Pero, no que a nivel económico se refire, o colectivo autónomo foi un dos grandes afectados. Un sector que, da noite á mañá, viuse obrigado a pechar o seu negocio, o que lle daba o pan para subsistir. Aínda que este impacto viuse suavizado gracias as medidas urxentes de reactivación económica e o emprego, foron moitas as persoas autónomas que tiveron que dicir adeus ao seu traballo.

¿Como afectou a pandemia ao sector autónomo?

O certo é que a pandemia non afectou a todas as persoas por igual, mentres algunhas persoas saíron reforzadas ou renovaron os seus negocios acadando mellores resultados, outras non foron capaces de loitar contra todas as tempestades que se foron orixinando.

De feito, segundo datos do Ministerio “no 2020 observouse unha caída da actividade económica moi brusca e intensa, asimétrica por sectores, con maior impacto sobre o sector servizos, no comercio, transporte e hostalería”.

Xa non só o confinamento declarado en marzo de 2020, as posteriores restricións e consecutivas olas de contaxios do virus causaron danos irreparables entre gran parte dos autónomos e autónomas. Neste eido, segundo un estudo o 66,1% das persoas autónomas seguen sen recuperarse dos efectos da pandemia nos seus negocios e aínda non conseguiron remontar a súa actividade nin o nivel de facturación previo a marzo de 2020.

Ademais, segundo este mesmo estudo, para o 22,3% dos autónomos e autónomas que aínda notan a crise, a facturación dos seus negocios sitúase un 75% por debaixo que antes da pandemia, mentres que para un 60,9% esas cifras son un 50% máis baixas. Tamén, os problemas para igualar as cifras de facturación previas a marzo 2020 fan que case un terzo dos autónomos enquisados pensan en pechar o seu negocio e un 8,2% asegura que terá que pechalo.

Sen dúbida, a pandemia puxo a proba e contra ás cordas a un sector que se viu na obriga de renovarse e adaptarse ou morrer. Algúns negocios víronse sobrepasados pola crise sanitaria e non lles quedou máis remedio que pechar, o que afectou gravemente ao ánimo das persoas autónomas. Porén, aínda queda esperanza, xa que moitos outros saíron fortalecidos deste desafío e a dia de hoxe están máis preparados para afrontar o futuro e novos retos.

Dende APE Galicia, esperamos que este ano e os seguintes aporten unha estabilidade laboral ao colectivo despois dos duros anos que vimos atravesando.

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?