O vindeiro mércores 14 de abril ábrese o prazo para solicitar as axudas do Bono Enerxía Peme e Comercio, cun orzamento de 3 millóns de euros para mellorar as instalacións eléctricas dos sectores máis afectados polas restrición derivadas polo Covid-19.
Esta nova medida da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación prevé chegar a 1000 pemes e persoas traballadoras autónomos de sectores como o comercio ou a hostalería, movilizando ao redor de 5 millóns de euros e aforrando 300.000 euros ao ano na súa factura enerxética, o que permitirá crear ou manter ao redor de 70 postos de traballo.
As axudas terán unha intensidade do 80% e serán de ata 6000 euros por centro de traballo, podéndose solicitar anticipos de ata o 50% sen necesidade de presentar avais.
O prazo de presentación de solicitudes estará ata o 30 de xuño, ou ata que se esgote o crédito, mentres que as actuacións poderán terse executado desde o pasado 1 de xaneiro e ata o vindeiro 30 de setembro.
As axudas poden destinarse á mellora da envolventes; iluminación interior ou exterior; á mellora das instalacións eléctricas; á renovación do equipamento e climatización, ventilación e auga quente sanitaria.
Tamén se poderá utilizar para sistemas domóticos e inmóticos que permitan xestionar a enerxía e o gasto de xeito máis eficiente.
NORMATIVA
Axencia Instituto Enerxético de Galicia
– RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria do procedemento de concesión de subvencións para proxectos de mellora enerxética, dirixido a autónomos e pemes con actividade de comercio, hostalaría ou artístico-recreativas (programa Bono enerxía peme), anualidade 2021 (código de procedemento IN417Z). 18877
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210413/AnuncioG0474-180321-0003_gl.html
– EXTRACTO da Resolución do 18 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria do procedemento de concesión de subvencións para proxectos de mellora enerxética, dirixido a autónomos e pemes con actividade de comercio, hostalaría ou artísticorecreativas (programa Bono enerxía peme), anualidade 2021 (código de procedemento IN417Z). 18913
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210413/AnuncioG0474-180321-0001_gl.html