O Boletín Oficial do Estado publica hoxe a prórroga do Estado de Alarma ata o día 9 de Maio de 2021.
Aínda que a prórroga establecida é de 6 meses inicialmente, ábrese a posibilidade de que dure menos. Ós 4 meses da prórroga, os presidentes das comunidades autónomas poderán formular unha proposta de levantamento do Estado de Alarma.
Durante a prórroga, a decisión de aplicar o toque de queda nocturno quedará en mans das Comunidades Autónomas. No caso de aplicarse esta medida, terá que durar polo menos 7 días.