O emprego autónomo é unha das prioridades do Goberno de Galicia, involucrado na busca de fórmulas para impulsar e recoñecer o seu papel na economía galega. Neste contexto, xurde a Estratexia do emprego autónomo 2017-2020 como espazo para desenvolver iniciativas exitosas, definindo unha folla de ruta baixo o seguimento da Mesa do Emprego Autónomo en Galicia.

O presidente de APE Galicia, José Ramón Caldas, xunto ca secretaria xeral, Sonia Acuña, foron convocados onte á reunión da Mesa de Emprego Autónomo que presidiu a Conselleira Elena Rivo. Alí abordaron a temática pertinente á Axenda Impulso ao Emprego Autónomo 2023-2026 que contará cun presuposto de mais de 200 millóns de euros co fin de seguir mellorando e loitando polos intereses e condicións do colectivo autónomo.

Esta Axenda Impulso 26 para o emprego autónomo centra a principal vía para dar cumprimento ao obxectivo operativo 01.01.03 do Plan Estratéxico de Galicia 2021-2030 no relativo a aumentar as competencias emprendedoras, impulsar a creación de empresas e iniciativas de traballo por conta propia sustentables e fomentar un mercado de traballo inclusivo.

A citada axenda conta con tres puntos clave na sua estratexia:

–        Focalizar os apoios para potenciar a calidade dos novos proxectos de autoemprego en Galicia. O plan de acción está na Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego, o Kit de inicio ao autoemprego, ou o deseño dunha guía multimedia interactiva de modelo de negocio.

–        Incidir na fortaleza, é dicir, fortalecer o ecosistema competitivo do emprego autónomo en Galicia. Para isto haberá que reforzar o Bono Autónomo, pór en marcha o Espazo Crece Autónomo con formación que fomente o desenvolvemento dos novos mercados e tecnoloxías; ou impulsar un kit de actuación integrais de benestar dirixidas a mellorar na calidade de vida deste colectivo.

–        Xerar máis sinerxias avanzando no marco de gobernanza para dinamizar o emprego autónomo en Galicia. Para alcanzar o obxectivo, consolidarase o Observatorio do emprego autónomo basado nun estudo en profundidade da caracterización do emprego autónomo en Galicia. Aumentarase tamén a cochesión e implicación das entidades asociativas e, impulsarase a colaboración entre persoas traballadoras autónomas de cara a novas sinerxias que melloren as súas actividades.

A conselleira sinalou a importancia deste amplo colectivo para a economía e riqueza de Galicia, xa que é a comunidade con maior porcentaxe de persoas traballadoras por conta propia (case unha 20% fronte ao escaso 16% do resto da península) e que representan, sumando as pemes, o 97% do tecido produtivo galego.

Rivo apostou por seguir consolidando a rede de apoio ao colectivo, que este ano supuxo por parte da Xunta axudas directas de 30 millóns de euros e das cales, aínda quedan convocatorias abertas ata o 29 de setembro como por exemplo:

  • Bono das Persoas Autónomas, con código de procedemento TR341Q, para a mellora da competitividade empresarial e que conta cun orzamento de 8 millóns de euros.
  • O programa Xempre Autónomo, con código de procedemento TR341D, para a promoción do emprego autónomo e que conta cun orzamento de 12 millóns de euros.
  • Programa de Incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica, con código TR340E, que da incentivos ás empresas cualificadas e inscritas de emprego con base tecnolóxica, e que conta cun orzamento de 500.000 euros.
  • Axudas para favorecer a Conciliación Laboral e Familiar, código de procedemento TR341R, cuxo orzamento é dun millón de euros.

 

Así mesmo, e co fin de acompañar ás persoas autónomas neste camiño, a Xunta de Galicia ten en marcha a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego que ten como obxectivos: crear emprego de calidade e lograr o asentamento da poboación. Esta rede conta na actualidade con oito polos en funcionamento e presta asesoramento individualizado a todas as persoas emprendedoras, independentemente da fase empresarial na que se atopen.

O seguimento, control e mellora da Axenda Impulsa 26 realizarase a través da Mesa do Emprego Autónomo de Galicia e realizarase unha reflexión intermedia no ano 2024 na que se presentarán os resultados completos das actuacións realizadas ata ese momento, e se debaterá cos interlocutores do emprego autónomo a continuidade ou modificación das medidas abordadas, así como a necesidade de posta en marcha de outras novas.

___

????info@apegalicia.es
????986 891 657

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?