Novos cursos de PRL dispoñibles en APE Galicia
En APE Galicia comprácenos anunciar a apertura dos nosos novos cursos en materia de Prevención de Riscos Laborais (PRL)! Deseñados para mellorar a seguridade e o benestar de todas as persóas asistentes,
Ofrecemos as seguintes formacións:
Primeiros auxilios e DESA
– Aprende a manexar situacións de emerxencia e brinda os primeiros auxilios de maneira efectiva. Este curso é esencial para estar preparado ante calquera eventualidade no traballo.
Emerxencias e loita contra incendios
– Desenvolve habilidades cruciais para a xestión de emerxencias e a loita contra incendios, garantindo unha resposta rápida e eficiente en situacións críticas.
Xestión do estrés na contorna laboral
– Descubre técnicas e estratexias para manexar o estrés no traballo, mellorando o teu benestar persoal e aumentando a produtividade no lugar de traballo.
Obrigas e sancións das PEMES e Autónomos en materia de PRL
– Coñece as normativas vixentes, as túas responsabilidades e as posibles sancións en materia de PRL, asegurando o cumprimento legal e a protección do teu negocio.
Estes cursos están deseñados para ofrecer unha formación integral e práctica, adaptada ás necesidades actuais do mercado laboral.
Non perdas a oportunidade de mellorar a túa formación e contribuír coa tua formación a un entorno máis seguro e saudable!
Inscricións abertas agora. Para máis información e rexistro, visita a nosa páxina web https://apegalicia.gal/ ou contacta connosco directamente no 986891657.
Esperámoste en APE Galicia!