Tras analizar a evolución epidemiolóxica nos últimos días, o comité clínico encargado de facer o seguimento da evolución da covid-19 en Galicia, acordou unha serie de medidas que afectan a varios concellos galegos e ao Plan previsto para estos días de Nadal.

Cambios de niveis nos concellos

– Rianxo pasa ao nivel máximo de restricciones.

– Muxía, Meis, Ribadumia, Cerdedo-Cotobade, Pontecaldelas y Vilaboa pasan ao nivel básico de restricións, co que se suprimirá a limitación de movilidade.

– Moaña, descende ao nivel medio de restricións.

– Vilalba, Tui y Ponteareas baixan ao nivel medio alto de restricciones.

– Vixianza especial en Verín e nos concellos de Aranga, Noia, Porto do Son, Vilagarcía de Arousa, Viveiro, Burela, Dozón, Vedra, Muros y Xinzo de Limia.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas deste mércores, despois da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

 

Plan de Nadal

Entre o 23 de decembro de 2020 e o 6 de xaneiro de 2021limitarase a entrada e saída da comunidades, agás para os desprazamentos xustificados, permitíndose a mobilidade excepcional para encontros familiares os días 23, 24 e 25 decembro.

Durante todo o Nadal, a restricción horaria mantense ata as 23 horas, atrasando a limitación de mobilidade ás 1:30 horas para a noite do 24 ao 225 de nadal, e do 31 ao 1 de xaneiro, unicamente para permitir o regreso a casa.

En canto as persoas que veñan de fora de Galicia, aplicarase os criterior de mobilidade dos concellos de destino.

Recoméndase manter as celebracións dentro da unidade de convivencia pero se se reúne máis dunha unidade de convivencia, o máximo será de 10 persoas e se se reúne máis de dúas unidades de conviviencia, o máximo será de 6 persoas, sen computar os menores de 10 anos.

 

Medidas xerais

–       As persoas con enfermidade COVID-19 e os contactos estreitos destas teñen que manterse illadas ou corentenadas segundo o recomendado, estando prohibido en calquera caso, abandonar o lugar onde se realice o illamento ou a corentena.

–       As persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, pendentes de realizar unha proba diagnóstica ou de coñecer o resultado da mesma, deben seguir as recomendacións de illamento, estando prohibido o cambio de domicilio, viaxar ou participar ningún tipo de reunión ou celebración.

–       Reducir as viaxes e as actividades sociais ao verdadeiramente imprescindible, nos dez días previos ao inicio das celebracións e durante o período festivo.

–       Recoméndase a celebración das reunión no Nadal só con persoas conviventes entendedendo como tales ás persoas que viven habitualmente no mesmo domicilio. De celebrarse reunión con persoas non conviventes, recomendase realizalas en espazos abertos/exteriores, minimizando o tempo de reunión e preservando a distancia de seguirdade, a hixiene de mans e o uso axeitado da máscara.

–       É especialmente importante evitar os lugares concorridos, manter a distancia de seguirdade, a hixiene regular das mans, a hixiene respiratoria e o uso de máscaras faciais de forma permanente (exceptuando o momento concreto de comer ou beber) cando se permaneza con persoas non conviventes ou se está en espazos pechados.

–       Reducir o máximo posible as relación sociais, evitando os saúdos e abrazos.

–       Ventilar os espazos pechados con aire fresco tanto como sexa posible para diminuír o risco de transmisión (polo menos cada dúas horas) e evitar os espazos con mala ventilación onde haxa persoas reunidas.

–       Evitar tomar alimentos ou bebidas na rúa, salvo nos espazos acondicionados para tal efecto.

–       A celebración de ceas e comidas realizarase sentados nunha mesa o suficientemente grande para que permita o mantemento da distancia de seguridade de 1,5 metros entre as persoas. Ademáis:

·         Non se compartirán alimentos

·         Procurar que sexa só unha persoa a que poña e quite a mesa e atenda aos comensais, previa desinfección das mans.

·         Evitar falar alto e cantar.

·         Ventilar adecuadamente a estancia.

·         Reducir o tempo de celebración de comidas e ceas.

–       Mantense a obriga de comunicación en relación coa chegada á Galicia de persoas procedentes doutros territorios. Deste xeito, as persoas que cheguen de territorios cunha alta incidencia da infección polo SARS-CoV-2, deberán comunicar os datos de contacto e da súa estadía nun prazo máximo de 24 horas desde a súa chegada, despois de ter estado, dentro do período dos catorce días naturais anteriores, nos territorios definidos na resolución vixente nese momento e que se actualiza cada 15 días: https://www.sergas.es/Saude-publica/benvida-viaxeirxs . Os datos deste rexistro será empregados polas autoridades sanitarias exclusivamente para contactar con ditas persoas con finalidades de saúde pública cos efectos de facilitarlles a información e as recomendacións sanitarias que procedan, así como, de ser o caso, a realización de probas diagnósticas a persoas que proveñan de lugares cunha incidencia acumulada de 14 días superiores a 250 casos por cen mil habitantes.

 

Medidas adaptadas

Cómpre seguir cumprindo as medidas establecidas segundo recolla a normativa vixente en función do nivel de restricción de cada concello ou territorio, no relativo á restauración e hostalería, os eventos culturais e comercios e número máximo de persoas que poden reunirse. En particular:

–       As cabalgatas organizadas de xeito tradicional quedan prohibidas. Fomentarase a organización de cabalgatas virtuais e, de non ser así, poderán realizarse cabalgatas estáticas sempre que se realicen en espazos limitados e cumprindo coas condicións que permitan respectar un aforo máximo dunha persoa por cada catro metros cadrados de espazo computable de superficie da área limitada para tal efecto, evitando o agrupamento de distintos grupos e permitindo manter o distanciamento interpersoal, sobre todo, nos puntos de entrada e saída do recinto polo que se organiza a circulación de persoas dentro do espazo, establecendo circuítos diferenciados de entrada e saída do mesmo. Non se permitirá o reparto de caramelos nen de ningún outro obxecto.

–       Nas celebracións relixiosas, seguiranse as normas de aforo establecidas, recomendándose evitar os cantos e as mostras físicas de devoción ou tradición, substituíndoas, no seu caso, por outras que non implique risco sanitario.

–       Nos eventos deportivos, segue vixente a indicación de non celebrar grandes eventos, recomendándose as modalidades de participación individual.

 

Limitación da entrada e saída da Comunidade Autónoma

Entre o 23 de decembro de 2020 e o 6 de xaneiro de 2021, farase efectiva unha limitación na entrada e saída da comunidade, salvo para aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados previstos no artigo 6.1 do Real Decreto 926/2020, do 25 de outubro, así como para os desprazamentos a territorios que sexan o lugar de residencia dos familiares ou persoas coas que están permitidias as reunións de celebracións.

Non obstante, a mobilidade poderá verse reducida en función da situación epidemiolóxica de toda a Comunidade ou dun concello en particular.

 

Encontros con familiares

A recomendación principal e manter as celebracións do Nadal dentro da unidade de convivencia pero, de non ser posible, as comidas e cenas dos días 24, 25 e 31 de decembro e do 1, 5 e 6 de xaneiro, quedan condicionadas a que non se supere un máximo de dúas unidades de convivencia, podéndose reunir ata 10 persoas.

Se algunha destas celebracións realízase con máis dunha unidade de convivencia, recomendase priorizar as unidades unipersoais para evitar situación de soidade non desexada, e manterase esta agrupación para o resto das celebracións do Nadal (sempre coas mesmas unidades de convivencia).

Se en último extremo, se reúnen máis de dúas unidades de convivencia, o máximo de persoas permitidas será de 6, tendo en conta que os menores de 10 anos non computan a este efecto. De calquera xeito, o número máximo de persoas que se poderán reunir, incluíndo os menores de 10 anos, será tamén de 10.

En calquera destes casos, deben extremarse as precaucións cando haxa persoas maiores ou especialmente vulnerables.

É de salientear que os test rápidos de anticorpos que se están a vender nas farmacias, NON serven para diagnosticar infección activa por SARS-CoV-2, e polo tanto, non deben ser utilizados nin en persoas con síntomas nin asintomáticas.

 

Limitación da mobilidade nocturna

Co obxecto de conciliar as celebracións e o cumprimento dos requisitos de seguridade, reduciranse parcialmente as restricións horarias establecidas en relación á mobilidade nocturna.

Nas noites do 24 ao 25 de decembro e do 31 de decembro ao 1 de xaneiro, a hora de comezo da limitación da mobilidade será a máis tardar ás 1:30 horasúnicamente para permitir o regreso a casa.

 

Retorno ao domicilio familiar

Os fillos que traballan ou estudan fóra do lugar de residencia familiar ou de pais/nais que van ao domicilio dun fillo por un período de varios días ou semanas, recomendase limitar as interaccións sociais e extremar as medidas de prevención os 5-7 días antes e, unha vez na casa, aplicar coidadosamente as medidas de hixiene e prevención e evitar os contactos fóra do domicilio.

Recoméndase tamén limitar os contactos dentro da casa polo menos coas persoas maiores ou especialmente vulnerables durante os primeiros 7 días, manter a distancia de seguridade, utilizar máscara de forma permanente (agás no momento específico no que se está a comer ou a beber) e manter estritamente as medidas de hixiene e prevención da transmisión.

Por outra banda, o rexistro de viaxeiros será de aplicación no caso dos fillos que residan fóra de Galicia o naqueles cuxa vivenda familiar estea nun concello distinto ao do seu domicilio habitaual.

Ademais, en función da situación epidemiolóxica contémplase tamén a posibilidade de realizar probas diagnósticas para a detección do virus SARS-Cov-2 en puntos establecidos ao efecto.

 

Centros residenciais socio-sanitarios

A pesar de que recomendase evitar as saídas para celebración destas festas dos centros socio- sanitario para extremar o cumprimento das medidas sanitarias de protección fronte ao coronavirus, no caso de existir saídas con destino a un domicilio familiar durante estas datas, as familias asinarán un consentimento de cumprimento de:

–       En todo o período do Nadal só se poderá realizar unha saída do centro socio-sanitario

–       Deberase programar cunha duración mínima de 5 días e a estancia debe restrinxirse a un único domicilio familiar.

–       O grupo familiar onde se produce a estancia debe constituirse como un grupo de convivencia estable.

–       É recomendable que durante a estancia, se faga uso da máscara sempre que se compartan estancias con outras persoas, incluídos os familiares.

–       Para a celebración das comidas e outras actividades familiares durante as festas, aplicaranse as mesmas condicións que o resto da pobobación.

 

Para o regreso ao centro socio-sanitario:

–       Antes do resgreso ao centro residencia, realizarase unha Proba Diagnóstica de Infección Activa (PDIA: PCR ou test de antíxenos) como máximo nas 48 horas previas. Así mesmo, realizaráselle a enquisa epidemiolóxica e a toma de constantes previamente ao reingreso.

–       Durante os 7 días posteriores ao regreso, débese garantir a estancia nunha habitación onde non poña en risco ao resto de residentes, sempre que sexa posible en cuarto individual, con vixilancia activa de síntimoas e extremando as medidas de uso de máscara e distanciamento social cando comparta estancias comúns. Estas medidas non serán aplicables a persoas que fosen casos confirmados de COVID-19 nos 3 meses previos.

A dirección do centro socio-sanitario programará as saídas e regresos para garantir as medidas e, en caso de declararse un brote no centro residencial de orixe o residente, non poderá volver ata a resolución do mesmo.

Ante calquera sospeita, ou sintomatoloxía compatible, o residente permanecerá na unidade de convivencia estable ata recibir o pertinente permiso das autoridades sanitarias.

Se se detecta un caso positivo na contorna familiar onde o residente estivo pasando as vacacións, comunicarase de forma urxente á residencia e ás autoridades sanitarias.

A Xunta de Galicia quere recordar a obrigatoriedade de cumprir todas las medidas establecidas, co ánimo de mellorar a situación epidemiolóxica e así poder ir diminuindo as restricións vixentes.

Tamén insite en que se eviten todos os desprazamentos posibles, e se hai alguna reunión ou visita que non sexa con comida, pero se é así, que só se saque a mascarilla á hora de comer, evitando sempre os contactos entre persoas.

 

Normativa

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 222/2020, do 22 de decembro, polo que se modifica o Decreto 202/2020, do 3 de decembro, do presidente da Xunta de Galicia, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2020/20201222/2522/AnuncioC3B0-221220-1_gl.html

Consellería de Sanidade

ORDE do 22 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2020/20201222/2522/AnuncioC3K1-221220-3_gl.html

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se determinan os territorios para os efectos da aplicación da obriga de comunicación prevista na Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2020/20201222/2522/AnuncioC3K1-221220-4_gl.html

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?