Publicada no DOG as novas medidas restritivas polo preocupante aumento dos contaxios do Covid-19 polo territorio galego decididas polo Comité Clínico da Xunta de Galicia que analiza a evolución da pandemia na nosa comunidade, e que estarán en vigo como mínimo do 27 de xaneiro ao 17 de febreiro de 2021, afectando a toda Galicia.
Limitación da liberdade de circulación das persoas en horario nocturno
Durante o periodo comprendido entre as 22:00 e as 6:00 horas, as persoas unicamente poderán circular polas vías ou espazos de uso público para a realización de, entre outras, as seguintes actividades:
– Adquisición de medicamentos, produtos sanitarios e outros bens de primeira necesidade.
– Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.
– Asistencia a centros de atención veterinaria por motivos de urxencia.
– Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais ou legais.
– Retorno ao lugar de residencia habitual tras realizar algunhas das actividades previstas neste apartado.
– Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.
– Por causa de forza maior ou situación de necesidade.
– Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.
– Reposición en gasolineiras ou estacións de servizo, cando resulte necesario para a realización das actividades previstas nos parágrafos anteriores.
Restricións ás agrupacións de persoas
· Limitar os grupos para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados, aos constituídos exclusivamente por persoas conviventes, salvo:
– Persoas soas que poden incorporarse a outra unidade de convivencia
– Menores cos seus proxenitores
– Parellas con domicilios diferentes
– Asistencia persoas dependentes
· Non será aplicable esta limitación no caso de actividades laborais, empresariais, profesionais e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento.
· Queda restrinxida a entrada e saída de persoas do ámbito territorial de cada un dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia considerados individualmente, salvo as seguintes excepcións:
– Motivos sanitarios e coidado de persoas (menores, dependentes…)
– Obrigas laboráis, institucionais e legais
– Asistencia educativa, realización de exames ou probas
– Retorno ao fogar
– Entidades financieras, seguros ou estacións de servizo limítrofes
– Requirimentos de organismos públicos, xudiciais ou notarais
– Trámites inaprazables
– Coidado de hortas e animais
– Adquisición de bens esenciais no existentes no concello
– Tránsito ou forza maior
SERVIZOS SANITARIOS
Só permítese un acompañante para menores, dependentes ou xestantes.
VIDA SOCIAL E COMUNITARIA
· Celebracións con motivo de cerimonias relixiosas ou civis: só persoas conviventes
· Lugares de culto: 1/3 da súa capacidade máxima permitida.
· Velorios: 5 persoas por túmulo agas conviventes e 15 en espazos abertos.
· Enterramento ou despedida para a cremación: 15 persoas non conviventes.
· Non se poderán realizar actuacións de coros ou agrupacions vocais de canto.
REUNIÓNS LABORAIS, INSTITUCIONAIS OU ACADÉMICAS
En lugares pechados, permítese un 30% da capacidade do aforo, cun máximo de 30 persoas. Ao aire libre será de 75.
ESTABLECEMENTOS DE HOSTALARÍA E RESTAURACIÓN
PECHE DAS ACTIVIDADES. Permítese a entrega a domicilio ata as 24: horas e a recollida no local para consumo no domicilio.
ESTABLECEMENTOS DE ALOXAMENTOS TURÍSTICOS E ALBERGUES
Só para clientes desprazados por motivos xustificados, 50% da súa capacidade en zonas comúns, piscinas e ximnasios pechados. Peche temporal dos albergues turísticos.
COMERCIO, CENTROS COMERCIAIS, GRANDES SUPERFICIES E MERCADOS AO AIRE LIBRE
· Locais e establecementos que non formen parte de centros ou parques comerciais, independentemente da súa superficie: Límite do aforo 50% de capacidade. Peche as 18:00 horas (agas servizos esenciais como venta de alimentación, bebida, tabaco, combustible, medicinas, argos ortopédicos, alimentación animal).
· Centros comerciais e establecementos con consideración de grandes superficies: No caso de establecementos ou locais distribuídos en varios andares: Límite do aforo 30% de capacidade en cada un deles.
· Establecementos de centros e parques comerciais: non superarán o 30% do seu aforo.
· Non se permitirá a permanencia de clientes nas zonas comúns, excepto para o tránsito entre os establecementos.
· A capacidade das zonas comúns dos centros e parques comerciais queda limitada ao 30 %.
· Zonas infantís, ludotecas ou áreas de descanso deben permanecer pechadas.
· Centros e parques comerciais peche as 18:00 horas, asi como durante os sábados, domingos e festivos. Quedan exceptuados dos límites horarios indicados a parte do local destinada a venda de productos alimenticios, hixiénicos e de primeira necesidade
· Mercados ao aire libre: 50 % dos postos habituais ou autorizados, sendo os concellos quenes establecerán o distanciamento entre os postos.
ESTABLECEMENTOS E LOCAIS DE ACTIVIDADES E SERVIZOS PROFESIONAIS
Horario de peche as 21:30 horas, salvo que teñan fixado un horario inferior de acordo coa normativa vixente. En centros e parques comerciais ou grandes superficies deberán pechar os sábados, domingos e festivos.
ACTIVIDADE DEPORTIVA
Só ao aire libre de forma individual ou con persoas conviventes e sempre coa utilización da mascarilla. As competicións deportivas a nivel autonómico quedan suspendidas.
CAZA E PESCA
Só poderase realizar individualmente ou cos conviventes, agás a caza do xabaril e lobo.
PARQUES INFANTÍS, BIOSAUDABLES, ZONAS DEPORTIVAS E ESPAZOS AO AIRE LIBRE
Permítise o se uso sempre que respete ou espazo de seguridade establecido en unha persoa por cada 4 metros cadrados.
ACADEMIAS, AUTOESCOLAS E CENTROS PRIVADOS DE ENSINO NON REGRADO E CENTROS DE FORMACIÓN
A actividade que se realice nestes centros poderá impartirse dun modo presencial sempre que non supere unha capacidade do 50%, cun máximo de 25 persoas respecto do máximo permitido.
FESTAS, VERBENAS, OUTROS EVENTOS POPULARES E ATRACCIÓNS DE FEIRAS
Pecha das súas actividades.
TRANSPORTE PÚBLICO
En autobuses ou autocares, pódese utilizar a totalidade dos asentos e só unha sexta parte das prazas previstas para ir de pé, recomendando non conversar na medida do posible. Está prohibido comer e beber en traxectos menores ás dúas horas. Os asentos deberán estar numerados e é recomendable anotar no billete o número de asento e gardalo durante 14 días.
Nos servizos de taxi, só se permitirá a ocupación de persoas convivintes.
ACTIVIDADE LECTIVA PRESENCIAL SUSPENDIDA
· Escolas oficiais de idiomas.
· Escolas de arte e superior de deseño.
· Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais.
· Escola Superior de Arte Dramática.
· Conservatorios de música.
· Conservatorios de danza.
· Escolas de música.
· Escolas de danza.
· Centros autorizados de deportes, centros autorizados de futbol; centros autorizados de futbol sala
· Centros autorizados de artes plásticas e deseño.
· Centros autorizados de música e centros autorizados de danza, salvo que estean integrados en centros docentes que permanezan abertos e que limiten a súa actividade o alumnado dos ditos centros docentes.
· Escolas de música privadas e escolas de danza privadas.
· O Ensino universitario presencial restablecerase o 8 de febreiro.
ACTIVIDADES NON ESENCIAIS QUE PECHAN TEMPORALMENTE
Pechan as súas actividades:
I. Espectáculos públicos:
I.1. Espectáculos cinematográficos.
I.2. Espectáculos teatrais e musicais.
I.3. Espectáculos taurinos.
I.4. Espectáculos circenses.
I.5. Espectáculos deportivos.
I.6. Espectáculos feirais e de exhibición.
I.7. Espectáculos pirotécnicos.
II. Actividades recreativas:
II.1. Actividades culturais e sociais.
II.2. Actividades deportivas.
Quedan suspendidas as competicións deportivas de nivel autonómico. Os correspondentes adestramentos quedarán sometidos ás mesmas limitacións ca o resto da actividade física e deportiva, debendo respectarse as limitacións de entrada e saída existentes en determinados ámbitos territoriais e as limitacións establecidas á liberdade de circulación das persoas en horario nocturno.
Poderase practicar deporte ao aire libre, só de xeito individual ou con persoas conviventes, e sempre usando máscara.
II.3. Actividades de ocio e entretemento.
II.4. Atraccións recreativas.
II.7. Actividades de restauración.
II.8. Actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas.
III. Establecementos para o público:
III.1. Establecementos de espectáculos públicos:
III.1.1. Cines.
III.1.2. Teatros.
III.1.3. Auditorios.
III.1.4. Circos.
III.1.5. Prazas de touros.
III.1.6. Establecementos de espectáculos deportivos
III.1.7. Recintos feirais.
III.2. Establecementos de actividades recreativas:
III.2.1. Establecementos de xogo.
III.2.1.1. Casinos.
III.2.1.2. Salas de bingo.
III.2.1.3. Salóns de xogo.
III.2.1.4. Tendas de apostas.
III.2.2. Establecementos para actividades deportivas
III.2.2.1. Estadios deportivos.
III.2.2.2. Pavillóns deportivos.
III.2.2.3. Recintos deportivos.
III.2.2.4. Pistas de patinaxe.
III.2.2.5. Ximnasios.
III.2.2.6. Piscinas de competición.
III.2.2.7. Piscinas recreativos de uso colectivo.
III.2.3. Establecementos para atraccións e xogos recreativos:
III.2.3.1. Parques de atraccións e temáticos.
III.2.3.2. Parques acuáticos.
III.2.3.3. Salóns recreativos.
III.2.3.4. Parques multiocio.
III.2.4. Establecementos para actividades culturais e sociais:
III.2.4.1. Museos.
III.2.4.2. Bibliotecas.
III.2.4.3. Salas de conferencias.
III.2.4.4. Salas polivalentes.
III.2.4.5. Salas de concertos.
III.2.5. Establecementos de restauración.
III.2.5.1. Restaurantes.
III.2.5.1.1. Salóns de banquetes.
III.2.5.2. Cafeterías.
III.2.5.3. Bares.
III.2.6. Establecementos para actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas.
III.2.7. Establecementos de ocio e entretemento.
III.2.7.1. Salas de festas.
III.2.7.2. Discotecas.
III.2.7.3. Pubs.
III.2.7.4. Cafés-espectáculo.
III.2.7.5. Furanchos.
III.2.8. Centros de lecer infantil.
Normativa
Presidencia da Xunta de Galicia
– DECRETO 8/2021, do 26 de xaneiro, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2. 4670
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210126/2549/AnuncioC3B0-260121-1_gl.html
Consellería de Sanidade
– ORDE do 26 de xaneiro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia. 4683
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210126/2549/AnuncioC3K1-260121-7_gl.html