✔️Son formacións totalmente gratuitas, financiadas pola Xunta de Galicia.

✔️Dirixidas ao colectivo autónomo, responsables de comunicación, persoas emprendedoras, desempregados/as, persoas traballadoras por conta allea…

✔️Horario flexible.

 

????????Fomento e promoción do traballo autónomo en economía social.

Do 16 ao 31 outubro

Con este curso aprenderás a fomentar e potenciar actitudes e valores de emprendemento, así como a crear unha óptima estratexia de negocio.

O obxetivo deste curso é fomentar e potenciar actitudes e valores emprendedores e facilitar a adquisición de coñecementos básicos e estratexias favorables ao emprendemento.

Contidos:

– O espíritu emprendedor.

– A idea de negocio.

– Plan de negocio.

– Trámites para o establecemento dun negocio.

– Introducción á responsabilidade social empresarial.

Esta formación ten unha duración total de 33 horas (30 horas de teleformación + 3 de aula virtual)

Marketing básico en medios sociais na contorna rural.

Do 16 ao 27 outubro

Debido ao entorno cambiante no que nos atopamos e a múltiple competencia en todos os sectores, o futuro das empresas depende en gran medida da capacidade de xestión estratéxica e máis concretamente, da xestión da súa comunicación para lograr a diferenciación.
Por iso, con esta formación aprenderás sobre comercio electrónico e marketing en internet para xestionar de forma autónoma e responsable calquer empresa á vez que consigues impactar o teu público obxetivo.

Con este curso o alumnado aprenderá sobre comercio electrónico e marketing en Internet e a determinar todos os elementos a ter en conta para xestionar de forma autónoma e responsable unha empresa.

 Este curso ten unha duración total de 28 horas.

Contidos

– A web 2.0 na empresa.

– Crear contidos e conversar en medios sociais.

– Escoitar e medir en medios sociais.

– A aplicación nas empresas de economía social.

As prazas son limitadas, se estás interesado realiza a túa inscripción canto antes en www.apegalicia.gal

_

Para máis información:

 info@apegalicia.es
 986 891 657
Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?