????Xa está publicada no DOG a Convocatoria de Axudas para Incentivos á contratación de persoas mozas desempregadas e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil , con código de procedemento TR350C.

Estas axudan teñen a finalidade de promover entre as empresas a contratación de persoas mozas de Galicia, a través dunha serie de incentivos con diferentes modalidades de contrato.
A contratación destes xóvenes por conta allea, deberá ter unha duración mínima de 9 meses a xornada completa e contar cun programa de formación en competencias brandas dunha duración mínima de 50 horas co obxeto de proporcionarlles unha experiencia e práctica profesional que facilite a súa inserción laboral.

A axuda consistirá nun incentivo único de 9.000€ por cada persoa contratada, tanto as novas contratación como as contratacións realizadas ata seis meses antes da publicación desta orde.

????O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do venres 30 de xuño ata o luns 31 de xullo.

ℹPara máis información:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230629/AnuncioG0656-160623-0009_gl.html

????info@apegalicia.es
☎986 891 657
????apegalicia.es

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?