A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, presidiu hoxe unha nova reunión da Mesa do Emprego Autónoma na que participaron o presidente de APE Galicia, José Ramón Caldas, e a secretaria técnica executiva da mesma, Sonia Acuña Pazos, xunto cos representantes de Agtamar e ATA Galicia, na que se seguiu traballando no segundo Plan de Rescate ás persoas traballadoras autónomas, microempresas e a hostalería da Xunta de Galicia.

María Jesús Lorenzana quixo confirmar as informacións que o presidente do Goberno galego adiantou onte na súa comparecencia tras o Consello da Xunta sobre a determinación da súa administración en apoiar ao sector nesta difícil situación que está a atravesar debido ás restricións sanitarias impostas para controlar a evolución do Covid-19.

En concreto, a conselleira asegurou que orzamento co que se parte para as axudas directas das que contará o segundo Plan de Rescate é de 50 millóns de euros que se sumará aos 86.2 millóns do primeiro programa, do que “a maior parte xa está pagada”.

Así, das máis de 40.000 solicitudes tanto do programa para autónomos, como do Programa I para microempresas e o Programa II para a hostalería, xa están abonadas o 80%, máis de 32.500 solicitudes, que corresponde a máis de 66 millóns de euros.

Destas solicitudes, 24.000 proveñen do sector da hostalería das que 20.000 xa están pagadas a día de hoxe, destinándose a esta actividade 37 millóns de euros en total.

Segundo comentou Lorenzana, o 31% dos hostaleiros percibiron entre 2.700 e 3.500 euros por establecemento; o 21% percibiu 5.500 e 6.500 euros; e un 15,2% entre 6.700 e 8.500 euros.

Por outra banda, a conselleira de Emprego e Igualdade asegurou, como xa o fixo onte Núñez Feijóo, que se está a estudiar a posibilidade dun plan conxunto no que a Xunta de Galicia aportaría o 50% da axuda económica, as deputacións o 30% e os concellos o 20% restante, segundo o modelo proposto polo sector da hostalería e tal e como xa se fixo noutras comunidades españolas.

Neste suposto que está a espera das institucións involucradas, a tramitación correría por conta da administración autónomica para unha maior axilidade no proceso de resolución e pago das axudas.

Tras as reunión celebradas estas semana, a de hoxe e a do mércores, entre a conselleira e as tres asociacións de persoas traballadoras autónomas que componen a Mesa, e as levadas a cabo co sector da hostalería, que está chamado a unha nova reunión esta mesma tarde, a intención é a de seguir traballando para que este segundo plan autonómico saia á luz coa maior rapidez posible e chegue ao maior número de persoas traballadoras autónomas dos sectores máis afectados pola pandemia.

Tanto APE Galicia como Agtamar e ATA Galicia foron emprazados para a próxima semana pola conselleira de Emprego e Igualdade e a directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, para presentar as súas aportación para o Plan de Rescate.

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?