Na Conselleria de Promoción do Emprego e Igualdade, Pablo Fernández López acaba de ser nomeado Secretario Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, cargo que ata o de agora ocupaba Covadonga Toca, que se incorpora á Dirección do IGAPE

O que no seu día fora vogal delegado da zona de Pontevedra en APE Galicia, enxeñeiro de profesión, é bo coñecedor do mundo empresarial e asociativo e non dubidamos que desde a súa nova resposabilidade velará polos intereses das persoas traballadoras autónomas e tratará de engadirlle valor ao colectivo para que continúe a ser motor económico e de riqueza para a nosa comunidade.

Por outra banda, completan os nomeamentos nesta Consellería Alberto Fuentes como Secretario Xeral Técnico e Sandra Vázquez,  como Secretaria Xeral de Igualdade, quen colle o testigo de Susana López Abella, nova deputada autonómica.

Por último, José Ramón Pardo deixa a secretaría xeral técnica da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e se incorpora ó mesmo cargo pero na Consellería de Economía, Industria e Innovación.

Aproveitamos para darlles a noraboa por estes nomementos e impulsamos para que todos eles continúen a traballar desde as súas novas responsabilidades a prol dos intereses da nosa comunidade.

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?