Neste curso que durou 8 horas e foi subvencionado pola Xunta de Galicia, os nosos alumnos coñeceron da man de Emilio Aguete, instrutor do Grupo Isonor, a importancia da saúde como medida preventiva e adquiriron nocións básicas sobre primeiros auxilios e socorrismo. Ademáis practicaron maniobras de reanimación cardiovascular, tanto nun neno como nun adulto; coñeceron o manexo dun desfibrilador; ou a forma máis segura de transladar un ferido.
Deixamos por aquí algunhas fotos do ben que o pasaron e o moito que aprenderon.
E non vos preocupedes se quedastes con ganas de facelo, moi pronto sairán as datas e os lugares das próximas formacións.
Moitas gracias a AECO Coruña pola sua axuda e implicación, e a mais sincera noraboa ós alumnos que completaron esta formación.
Para non perderte información sobre os próximos cursos síguenos en:
@ape_galicia
www.apegalicia.gal
Se tes algunha dúbida ou consulta:
????info@apegalicia.es
????986 891 657