Obxecto
Regular o procedemento de concesión das axudas que xestionará a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para proxectos de investimento en actividades empresariais non agrícolas, mediante tramitación anticipada de gasto, destinadas á adquisición de bens de equipamento inherentes á actividade empresarial que están desenvolvendo as empresas existentes, co fin de mellorar, ampliar e/ou modernizar as súas estruturas de produción e/ ou servizos.
Persoas Beneficiarias
Pequenas empresas situadas en zonas rurais.
Características da axuda
A concesión de axudas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.
Os proxectos subvencionados recibirán unha porcentaxe de axuda do 45 % dos gastos subvencionables.
Proxectos subvencionables
1. Nos termos desta resolución, serán subvencionables os proxectos destinados á:
a) Adquisición de bens de equipamento co obxectivo de mellorar, ampliar e/ou modernizar pequenas empresas que desenvolven actividades produtivas non agrarias nos seguintes sectores e ámbitos de actividade:
1º. Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais. Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.
2º. Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios. Non obstante o anterior, para este sector de actividade excluiranse aqueles proxectos cun orzamento elixible superior a 100.000 €.
3º. Prestación de servizos en calquera sector económico, con exclusión das empresas de servizos agrícolas e forestais, e das empresas de servizos enerxéticos, así como das empresas que presten servizos nos sectores de hostelaría (incluíndo todo tipo de empresas de aloxamento turístico), hostalaría e restauración.
4º. Prestación de servizos sociais (gardarías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas escola…).
5º. Actividades de lecer, recreativas e deportivas.
6º. Artesanía e actividades artesanais.
7º. Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial e veterinaria.
8º. Comercio polo miúdo.
2. Todos os proxectos subvencionables deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Que non estean iniciados na data de presentación da solicitude da axuda. Para estes efectos, considerarase como inicio do investimento o comezo dos traballos de construcción ou ben o primeiro compromiso en firme para o pedido dos equipamentos ou outro compromiso que faga o investimento irreversible e que vincule xuridicamente o solicitante, se esta data é anterior.
b) Que se desenvolvan no territorio de Galicia. Non obstante o anterior, non serán subvencionables os proxectos que se desenvolvan nas parroquias galegas clasificadas como zonas densamente poboadas (ZDP), atendendo á clasificación para as parroquias galegas segundo o grao de urbanización denominada GU 2016 (IGE, 2016).
c) Que sexan finalistas, é dicir, que no momento do pagamento final cumpran os obxectivos e funcións para os cales se lles concedeu a axuda.
d) Que se axusten á normativa sectorial que resulte de aplicación para cada tipo de proxecto, así como ás especificacións indicadas nesta resolución.
e) As persoas solicitantes poderán presentar como máximo un proxecto ao abeiro desta convocatoria.
f) Quedarán excluídos aqueles proxectos que presenten un orzamento elixible inferior a 20.000 € e/ou superior a 250.000 €.
No caso de proxectos promovidos no sector da artesanía, os límites anteriores quedan establecidos en 5.000 € e 100.000 €, respectivamente.
Forma e prazo de presentación
Do 30/01/25 ao 28/02/25
Publicación no DOG
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250129/AnuncioO90-261224-0001_gl.pdf