A Xunta de Galicia vén de publicar a convocatoria das axudas correspondentes ao programa MR405D, dirixidas ás persoas titulares de explotacións agrarias no territorio galego, co obxectivo de impulsar a modernización do sector.
Estas axudas teñen como finalidade promover a renovación de maquinaria e a incorporación de tecnoloxías máis eficientes e sostibles nas explotacións agrarias, favorecendo a agricultura de precisión, o aforro enerxético e a redución do impacto ambiental.
Con esta liña de apoio búscase mellorar a competitividade das explotacións agrarias galegas, ao tempo que se fomenta un modelo produtivo máis respectuoso co medio ambiente e adaptado aos retos actuais do sector primario.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto entre o 22 de maio e o 22 de xuño de 2026.