Presentáronse no DOG novas modificacións ás restricións presentadas polo presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijoo,  basicamente son modificacións que teñen que ver co lecer nocturno.
Nos concellos de nivel maximo e alto, os establecementos de lecer nocturno, tales como discotecas, pubs, cafés-espectáculo, salas de festas, así como as salas de concertos que desenvolvan as súas actividades de forma análoga aos anteriores, poderán prestar unicamente servizo nas terrazas ao aire libre, para o consumo e o servizo sentado na mesa, co cincuenta por cento da capacidade máxima permitida con base na correspondente licenza municipal ou do que sexa autorizado para este ano, no caso de que a licenza sexa concedida por primeira vez. O horario máximo de peche dos establecementos de lecer nocturno nestes concellos será á 1.00 horas.
O acceso será controlado, acordate:
– certificado de vacinación completa.
– proba negativa nas últimas 72 horas
– ter pasado a infección
#sentidiño
Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?