Publicada no DOG número 74-bis, do 21 de abril de 2021 os cambios xurdidos nas medidas restritivas debido ao proceso de desescalada gradual das restricións que está levando a cabo a Xunta de Galicia e que terán efecto a partir deste venres 23 de abril de 2021 ás 00 horas.
Así, debido á evolución epidemiolóxica, algúns concellos cambiarion de nivel de restrición, quedando a situación do seguinte xeito:
Nivel Máximo
Carballeda de Valdeorras, Cualedro, O Grove e A Pobra do Caramiñal.
Nivel Alto
O Barco de Valdeorras, Cambre, Cortegada, Lobeira, Marín, Meaño, Meira, Muíños, Padrenda, Petín, Ribadumia, Ribeira, Rubiá e Vilanova de Arousa
Nivel Medio
Barreiros, Boiro, Cambados, Cangas, Carral, Cartelle, Catoira, Gondomar, A Illa de Arousa, Lobios, Meis, Muxía, Ortigueira, Ponteareas, As Pontes de García Rodríguez, Rianxo, Sanxenxo, Trabada, Vigo e Vilagarcía de Arousa
Nivel Medio – Baixo
Abadín, Abegondo, Agolada, Alfoz, Allariz, Ames, Amoeiro, Antas de Ulla, Aranga, Arbo, Ares, A Arnoia, Arteixo, Arzúa, Avión, Baiona, Baleira, Baltar, Bande, A Baña, Baños de Molgas, Baralla, Barbadás, Barro, Beade, Beariz, Becerreá, Begonte, Bergondo, Betanzos, Os Blancos, Boborás, A Bola, O Bolo, Boqueixón, Bóveda, Boimorto, Brión, Bueu, Burela, Cabana de Bergantiños, Cabanas, Caldas de Reis, Calvos de Randín, Camariñas, Campo Lameiro, A Cañiza, A Capela, Carballeda de Avia, Carballedo, O Carballiño, Carballo, Cariño, Carnota, Castrelo de Miño, Castrelo do Val, Castro Caldelas, Castro de Rei, Castroverde, Cedeira, Cee, Celanova, Cenlle, Cerceda, Cerdedo-Cotobade, Cerdido, Cervantes, Cervo, Chandrexa de Queixa, Chantada, Coirós, Coles, Corcubión, O Corgo, Coristanco, A Coruña, Cospeito, Covelo, Crecente, Culleredo, Cuntis, Curtis, Dodro, Dozón, Dumbría, Entrimo, Esgos, A Estrada, Fene, Ferrol, Fisterra, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Forcarei, Fornelos de Montes, Foz, Frades, Friol, Gomesende, A Guarda, A Gudiña, Guitiriz, Guntín, O Incio, O Irixo, Irixoa, Lalín, A Lama, Láncara, A Laracha, Larouco, Laxe, Laza, Leiro, Lourenzá, Lousame, Lugo, Maceda, Malpica de Bergantiños, Manzaneda, Mañón, Maside, Mazaricos, Melide, Melón, A Merca, Mesía, A Mezquita, Miño, Moaña, Moeche, Mondariz-Balneario, Mondariz, Mondoñedo, Monfero, Monforte de Lemos, Montederramo, Monterrei, Monterroso, Moraña, Mos, Mugardos, Muras, Muros, Narón, Navia de Suarna, Neda, Negreira, Negueira de Muñiz, As Neves, Nigrán, As Nogais. Nogueira de Ramuín, Noia, Oia, Oímbra, Oleiros, Ordes, Oroso, Ourense, Ourol, Outeiro de Rei, Outes, Oza-Cesuras, Paderne de Allariz, Paderne, Padrón, Palas de Rei, Pantón, Parada de Sil, Paradela, O Páramo, A Pastoriza, Pazos de Borbén, Pedrafita do Cebreiro, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, O Pino, Piñor, A Pobra de Trives, A Pobra do Brollón, Poio, Pol, Ponte Caldelas, Pontecesures, Ponteceso, Pontedeume, Pontedeva, A Pontenova, Pontevedra, Porqueira, O Porriño, Portas, Porto do Son, Portomarín, Punxín, Quintela de Leirado, Quiroga, Rábade, Rairiz de Veiga, Ramirás, Redondela, Ribadavia, Ribadeo, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Riós, Riotorto, Rodeiro, Rois, O Rosal, A Rúa, Sada, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Samos, San Amaro, San Cibrao das Viñas, San Cristovo de Cea, San Sadurniño, San Xoán de Río, Sandiás, Santa Comba, Santiago de Compostela, Santiso, Sarreaus, Sarria, O Saviñao, Silleda, Sober, Sobrado, As Somozas, Soutomaior, Taboada, Taboadela, A Teixeira, Teo, Toén, Tomiño, Toques, Tordoia, Touro, Trasmiras, Trazo, Triacastela, Tui, Val do Dubra, O Valadouro, Valdoviño, Valga, Vedra, A Veiga, Verea, Verín, Viana do Bolo, O Vicedo, Vilaboa, Vila de Cruces, Vilalba, Vilamarín, Vilamartín de Valdeorras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Vilardevós, Vilariño de Conso, Vilarmaior, Vilasantar, Vimianzo, Viveiro, Xermade, Xinzo de Limia, Xove, Xunqueira de Ambía, Xunqueira de Espadanedo e Zas.
Mercados na vía pública
No caso dos mercados que desenvolven a súa actividade na vía pública ao aire libre ou de venda non sedentaria, coñecidos como feiras, a capacidade virá determinada polo número de postos autorizados do xeito seguinte:
· Menos de 150 postos autorizados, poderán dispoñer do 100 % dos postos.
· Entre 150 e 250 postos autorizados, poderán dispoñer do 75 % dos postos.
· Máis de 250 postos autorizados, poderán dispoñer do 50 % dos postos.
En todo caso, limitarán a afluencia de clientes de maneira que se asegure o mantemento da distancia de seguridade interpersoal.
Os concellos poderán aumentar a superficie habilitada ou habilitar novos días para o exercicio desta actividade, establecendo os requisitos de distanciamento entre postos e condicións de delimitación do mercado.
Competicións deportivas con público; actividades en cines, teatros, auditorios; congresos; espectáculos públicos e actividades reacreativas
Poderá desenvolverse con público, sen superar o 30% da capacidade permitida, sempre que este permaneza sentado e se garde a distancia mínima de seguridade de 1,5 m nas catro direccións entre os asistentes, salvo que se trate de persoas conviventes, cun límite máximo de duascentas cincuenta persoas para lugares pechados e de cincocentas persoas, se se trata de actividades ao aire libre.
Nos concellos no nivel medio-baixo, o límite máximo poderá chegar ás cincocentas persoas para lugares pechados e ás mil persoas, se se trata de actividades ao aire libre.
Co fin de evitar aglomeracións, a distribución dos asistentes será homoxénea polas butacas e haberá unha planificación axeitada para controlar os accesos e o fluxo de circulación dos asistentes, establecendo as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal.
Deberán realizarse tarefas de ventilación nas instalacións cubertas por espazo de, polo menos, 30 minutos ao comezo e ao final de cada xornada, así como de forma frecuente durante esta.
Deberá existir un rexistro de asistentes ao evento e custodialo durante un mes, coa información do contacto dispoñible para as autoridades sanitarias, cumprindo coas normas de protección de datos de carácter persoal.
No caso de celebración de congresos, encontros, eventos e actos similares, se os asistentes non permanecen sentados en todo momento, solicitarase autorización á Dirección Xeral de Saúde Pública en que se comuniquen o evento, as datas, as actividades que se van realizar e as medidas concretas organizativas e de seguridade propostas para os riscos de contaxio.
Se se pretende superar as capacidades máximas previstas, a Dirección Xeral de Saúde Pública, logo de solicitude dos titulares ou promotores da actividade, disporá a realización dunha avaliación do risco para outorgar a autorización.
Atraccións de feira
Nos concellos en nivel máximo e alto, manterase o peche das atraccións de feira, mentras que os dos niveis medio e medio-baixo, poderán iniciar a súa actividade cumprindo coas seguintes medidas:
· Capacidade máxima dunha persoa por cada tres metros cadrados de superficie útil do recinto, ata un máximo de 500 persoas para os espazos cunha superficie útil menor ou igual a 8.000 metros cadrados. No caso de que a superficie do recinto sexa superior aos 8.000 metros cadrados, o límite máximo será de 1.000 persoas, sempre que se manteña a capacidade dunha persoa por cada tres metros cadrados de superficie. Para o cálculo da superficie útil do recinto, non se terá en conta a superficie ocupada por todas as estruturas instaladas.
· Deberase acoutar o espazo destinado ao recinto en que se desenvolvan as atraccións de tal maneira que se facilite o establecemento de puntos diferenciados para a entrada e saída do recinto, que deberán estar identificados con claridade.
· Estableceranse controis da capacidade nas entradas e saídas do recinto, adoptando as medidas necesarias para evitar aglomeracións nestes puntos.
· Establecer as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal no interior e no exterior do recinto.
· Tanto os asistentes como o persoal das atraccións deberán portar máscara de maneira obrigatoria.
· No caso das atraccións que dispoñan de asentos, poderá ocuparse ata un máximo que permita manter a distancia de seguridade interpersoal entre os ocupantes e reducirase ao 50% de asentos de cada fila que se poidan ocupar. Esta limitación non será de aplicación no caso de persoas conviventes. No caso de atraccións que non teñan asentos incorporados, a súa capacidade máxima será do 30% da capacidade máxima da atracción.
· Disporanse dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade viricida debidamente autorizados e rexistrados nos puntos de entrada e saída do recinto e de cada unha das atraccións.
—
Normativa
Consellería de Sanidade
ORDE do 21 de abril de 2021 pola que se modifica a Orde do 17 de marzo de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210421/2622/AnuncioC3K1-210421-6_gl.html