Publicada no DOG número 64-bis, do 7 de abril de 2021 un novo decreto e orde que modifica ao do 17 de marzo, nos que se especifican os cambios xurdidos nas medidas restritivas debido ao proceso de desescalada gradual e que terán efecto a partir  deste xoves 8 e do sábado 10 de abril.

Medidas efectivas a partir das 00 horas do xoves 8 de abril

Debido á evolución epidemiolóxica, algúns concellos cambiarion de nivel de restrición, quedando a situación así:

Nivel Máximo

O Grove e A Pobra do Caramiñal.

Nivel Alto

Carral, A Illa de Arousa, O Irixo, Monterrei, A Pobra do Brollón e Rábade.

Nivel Medio

Baiona, Beade, Boimorto, Cangas,  O Carballiño, Cortegada, Gondomar, Meis, Moaña, Padrenda, Sanxenxo.

Nivel Medio – Baixo

Abadín, Abegondo, Agolada, Alfoz, Allariz, Ames, Amoeiro, Antas de Ulla, Aranga, Arbo, Ares, A Arnoia, Arteixo, Arzúa, Avión, Baleira, Baltar, Bande, A Baña, Baños de Molgas, Baralla, Barbadás, O Barco de Valdeorras, Barreiros, Barro, Beariz, Becerreá, Begonte, Bergondo, Betanzos, Os Blancos, Boborás, Boiro, A Bola, O Bolo, Boqueixón, Bóveda, Brión, Bueu, Burela, Cabana de Bergantiños, Cabanas, Caldas de Reis, Calvos de Randín, Camariñas, Cambados, Cambre, Campo Lameiro, A Cañiza, A Capela, Carballeda de Avia, Carballeda de Valdeorras, Carballedo, Carballo, Cariño, Carnota, Cartelle, Castrelo de Miño, Castrelo do Val, Castro Caldelas, Castro de Rei, Castroverde, Catoira, Cedeira, Cee, Celanova, Cenlle, Cerceda, Cerdedo-Cotobade, Cerdido, Cervantes, Cervo, Chandrexa de Queixa, Chantada, Coirós, Coles, Corcubión, O Corgo, Coristanco, A Coruña, Cospeito, Covelo, Crecente, Cualedro, Culleredo, Cuntis, Curtis, Dodro, Dozón, Dumbría, Entrimo, Esgos, A Estrada, Fene, Ferrol, Fisterra, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Forcarei, Fornelos de Montes, Foz, Frades, Friol, Gomesende, A Guarda, A Gudiña, Guitiriz, Guntín, O Incio, Irixoa, Lalín, A Lama, Láncara, A Laracha, Larouco, Laxe, Laza, Leiro, Lobeira, Lobios, Lourenzá, Lousame, Lugo, Maceda, Malpica de Bergantiños, Manzaneda, Mañón, Marín, Maside, Mazaricos, Meaño, Meira, Melide, Melón, A Merca, Mesía, A Mezquita, Miño, Moeche, Mondariz-Balneario, Mondariz, Mondoñedo, Monfero, Monforte de Lemos, Montederramo, Monterroso, Moraña, Mos, Mugardos, Muíños, Muras, Muros, Muxía, Narón, Navia de Suarna, Neda, Negreira, Negueira de Muñiz, As Neves, Nigrán, As Nogais. Nogueira de Ramuín, Noia, Oia, Oímbra, Oleiros, Ordes, Oroso, Ortigueira, Ourense, Ourol, Outeiro de Rei, Outes, Oza-Cesuras, Paderne de Allariz, Paderne, Padrón, Palas de Rei, Pantón, Parada de Sil, Paradela, O Páramo,  A Pastoriza, Pazos de Borbén, Pedrafita do Cebreiro, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, Petín, O Pino, Piñor, A Pobra de Trives, Poio, Pol, Ponte Caldelas, Pontecesures, Ponteareas, Ponteceso, Pontedeume, Pontedeva, A Pontenova, As Pontes de García Rodríguez, Pontevedra, Porqueira, O Porriño, Portas, Porto do Son, Portomarín, Punxín, Quintela de Leirado, Quiroga, Rairiz de Veiga, Ramirás, Redondela, Rianxo, Ribadavia, Ribadeo, Ribadumia, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Ribeira, Riós, Riotorto, Rodeiro, Rois, O Rosal, A Rúa, Rubiá, Sada, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Samos, San Amaro, San Cibrao das Viñas, San Cristovo de Cea, San Sadurniño, San Xoán de Río, Sandiás, Santa Comba, Santiago de Compostela, Santiso, Sarreaus, Sarria, O Saviñao, Silleda, Sober, Sobrado, As Somozas, Soutomaior, Taboada, Taboadela, A Teixeira, Teo, Toén, Tomiño, Toques, Tordoia, Touro, Trabada, Trasmiras, Trazo, Triacastela, Tui, Val do Dubra, O Valadouro, Valdoviño, Valga, Vedra, A Veiga, Verea, Verín, Viana do Bolo, O Vicedo, Vigo, Vila de Cruces, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa, Vilalba, Vilamarín, Vilamartín de Valdeorras, Vilanova de Arousa, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Vilardevós, Vilariño de Conso, Vilarmaior, Vilasantar, Vimianzo, Viveiro, Xermade, Xinzo de Limia, Xove, Xunqueira de Ambía, Xunqueira de Espadanedo e Zas.

 

Medidas efectivas a partir das 00 horas do sábado 10 de abril

Debido á evolución epidemiolóxica, algúns concellos cambiarion de nivel de restrición, quedando a situación así:

Reunións

Limitarase a permanencia de grupos de persoas a un máximo de catro en espazos pechados, e de seis en espazos abertos ou ao aire libre, sexan de uso público ou privado, agás que se trate de convivintes. No caso de agrupacións en que se inclúan tanto persoas conviventes como persoas non conviventes, o número máximo destas será de catro ou seis persoas en función de si se reúnen en espazos pechados ou abertos.

Esta medida non será aplicable para os concellos agrupados no nivel máximo de restricións onde só se poden reunir convivintes, tanto en interiores como en exteriores.

Desprazamentos en vehículo particular

Esta medida non será aplicable para os concellos agrupados no nivel máximo de restricións onde só se poden reunir convivintes, tanto en interiores como en exteriores.

Nos concellos en nivel máximo de restrición, poderán desprazarse nun mesmo vehículo só as persoas conviventes, ben que estará permitido o desprazamento nun vehículo particular de persoas non conviventes que traballen xuntas e só para o traxecto de ida e volta ao centro de traballo, así como para que os menores poidan acudir a centros de ensino. Nestes casos, só se permitirán dúas persoas por fila de asentos e deberán usar todas máscara.

No resto dos concellos, respectaranse as limitacións para reunións de grupos de persoas no correspondente ámbito territorial e deberase usar sempre máscara dentro do vehículo cando se trate de persoas non conviventes.

 

Normativa

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 54/2021, do 7 de abril, polo que se modifica o Decreto 45/2021, do 17 de marzo, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210407/2608/AnuncioC3B0-070421-1_gl.html

 

Consellería de Sanidade

ORDE do 7 de abril de 2021 pola que se modifica a Orde do 17 de marzo de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210407/2608/AnuncioC3K1-070421-3_gl.html

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?