ORDE do 26 de xaneiro de 2021 pola que se modifica a Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.
DECRETO 8/2021, do 26 de xaneiro, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.
Medidas de prevención específicas COVID-19 en Galicia
Entrada en vigor ás 00:00 do 17/02/2021
A eficacia das medidas neste decreto comezarán ás 00:00 horas do día 17 de febreiro e finalizarán ás 00:00 do día 3 de marzo.
LIMITACIÓN DA LIBERDADE DE CIRCULACIÓN DAS PERSOAS EN HORARIO NOCTURNO
- Durante o periodo comprendido entre as 22:00 e as 6:00 horas, as persoas unicamente poderán circular polas vías ou espazos de uso público para a realización de, entre outras, as seguintes actividades:
LIMITACIÓN DA PERMANENCIA DE GRUPOS EN ESPAZOS PÚBLICOS OU PRIVADOS
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210126/2549/AnuncioC3B0-260121-1_gl.pdf
- Limitar os grupos para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados, aos constituídos exclusivamente por persoas conviventes.
- As excepcións contémplanse no punto 4 do Apartado Primeiro do Decreto 8/2021 do martes 26 de xaneiro.
- Non será aplicable esta limitación no caso de actividades laborais, empresariais, profesionais e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento.
LIMITACIÓN DA ENTRADA E SAÍDA DAS PERSOAS DO ÁMBITO TERRITORIAL DOS CONCELLOS
- Queda restrinxida a entrada e saída de persoas do ámbito territorial de cada un dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia considerados individualmente
https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Restricions-Perimetrais - As excepcións das limitacións de mobilidade contémplanse no punto 2 do Apartado Primeiro do Decreto 8/2021 do martes 26 de xaneiro.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210126/2549/AnuncioC3B0-260121-1_gl.pdf - O Decreto 26/2021 do 15 de febreiro, polo que se modifica o Decreto anterior, inclúe “adestramentos ou competicións de ámbito federado profesional ou non profesional. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210215/2566/AnuncioC3B0-150221-1_gl.html
VIDA SOCIAL E COMUNITARIA
- Celebracións con motivo de cerimonias relixiosas ou civis: só persoas conviventes
- Lugares de culto: 1/3 da súa capacidade máxima permitida.
- Velorios: 5 persoas por túmulo agas conviventes e 15 en espazos abertos.
- Enterramento ou despedida para a cremación: 15 persoas non conviventes.
- Non se poderán realizar actuacións de coros ou agrupacions vocais de canto.
- Bibliotecas e arquivos: 30% da súa capacidade máxima permitida.
- Museos, salas de exposición, monumentos e outros equipamentos culturais: 30% da súa capacidade máxima permitida.
- Cines, teatros, auditorios, congresos: 30% da súa capacidade máxima permitida. Límite de 250 persoas en locais pechados e 500 persoas en locais ao aire libre. O público deberá permanecer sentado.
ESTABLECEMENTOS DE HOSTALARÍA E RESTAURACIÓN
- PECHE DAS ACTIVIDADES SALVO PARA PROFESIONAIS DO TRANSPORTE EN ÁREAS DE SERVIZO.
- PERMITÉSE A ENTREGA A DOMICILIO ATA AS 24:00 HORAS
- PERMITESE RECOLLIDA NO LOCAL PARA CONSUMO NO DOMICILIO
ESTABLECEMENTOS DE ALOXAMENTO TURISTICO E ALBERGUES
- Zonas comúns dos hoteis e aloxamentos turísticos: 50% da súa capacidade.
- Peche temporal dos albergues turísticos.
ESTABLECEMENTOS E LOCAIS COMERCIAIS QUE NON FORMEN PARTE DE CENTROS OU PARQUES COMERCIAIS
- Establecemento retallista: Límite do aforo 50% de capacidade, independentemente da súa superficie. Peche as 21:30 horas, salvo que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente, un horario inferior.
- Actividades de servicios profesionais abertos ao público: Límite do aforo 50% de capacidade, independentemente da súa superficie. Peche as 21:30 horas, salvo que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente, un horario inferior.
ESTABLECEMENTOS QUE TEÑAN A CONDICIÓN DE CENTROS E PARQUES COMERCIAIS, OU QUE FORMEN PARTES DELES E GRANDES SUPERFICIES
- Os centros, parques comerciais e grandes superficies (de mais de 2500 metros cadrados) deberán pechar os sábados, domingos e festivos.
- No caso de establecementos ou locais distribuidos en varios andares: Límite do aforo 30% de capacidade total en cada un deles.
- A capacidade das zonas comúns dos centros e parques comerciais queda limitada ao 30 %
- Establecemento retallista: Límite do aforo 30% de capacidade total. Peche as 21:30 horas, salvo que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente, un horario inferior coas excepcións indicadas na lexislación vixente (apartado 3.6.3 do Anexo I da Orde do 26 de xaneiro de 2021).
- Establecemento de actividades de servicios profesionais abertos ao público: Límite do aforo 30% de capacidade total. Peche as 21:30 horas, salvo que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente, un horario inferior.
- Non se permitirá a permanencia de clientes nas zonas comúns, excepto para o tránsito entre os establecementos.
- Zonas infantís, ludotecas ou áreas de descanso deben permanecer pechadas.
- Mercados ao aire libre: 50 % dos postos habituais ou autorizados.
ACTIVIDADE DEPORTIVA
Non federada:
- Ao aire libre ou en instalacións deportivas ao aire libre, de forma individual ou con persoas conviventes e coa utilización de máscara.
Federada:
• Adestramentos e competicións non suxeitas a limitacións de entrada/saída de concellos.
ACADEMIAS, AUTOESCOLAS E CENTROS PRIVADOS DE ENSINO NON REGRADO E CENTROS DE FORMACIÓN
- A actividade que se realice nestes centros poderá impartirse dun modo presencial sempre que non se supere unha capacidade do 50% cun máximo de 25 persoas respecto do máximo permitido.
FESTAS, VERBENAS, OUTROS EVENTOS POPULARES E ATRACCIÓNS DE FEIRAS
- Peche das actividades.
CENTROS SOCIAIS, SOCIOCUMUNITARIOS E CLUBS DE XUBILADOS
• Peche das actividades.
ACTIVIDADE LECTIVA PRESENCIAL PERMITIDA A PARTIR DAS 00:00 HORAS DO 22 DE FEBREIRO
- Escolas oficiais de idiomas.
- Escolas de arte e superior de deseño.
- Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais.
- Escola Superior de Arte Dramática.
- Conservatorios de música.
- Conservatorios de danza.
- Escolas de música.
- Escolas de danza.
- Centros autorizados de deportes, centros autorizados de futbol; centros autorizados de futbol sala
- Centros autorizados de artes plásticas e deseño.
- Centros autorizados de música e centros autorizados de danza, salvo que estean integrados en centros docentes que permanezan abertos e que limiten a súa actividade o alumnado dos ditos centros docentes.
- Escolas de música privadas e escolas de danza privadas.
* As actividades presenciais que impliquen instrumentos e/ou exercicios de canto mantéñense suspendidas.
ACTIVIDADES NON ESENCIAIS QUE PECHAN TEMPORALMENTE
I.4. Espectáculos circenses.
I.6. Espectáculos feirais e de exhibición.
I.7. Espectáculos pirotécnicos.
II. Actividades recreativas:
II.4. Atraccións recreativas.
II.7. Actividades de restauración.
II.8. Actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas.
III. Establecementos para o público:
III.1. Establecementos de espectáculos públicos:
III.1.5. Prazas de touros.
III.1.7. Recintos feirais.
III.2. Establecementos de actividades recreativas:
III.2.1. Establecementos de xogo.
III.2.1.1. Casinos.
III.2.1.2. Salas de bingo.
III.2.1.3. Salóns de xogo.
III.2.1.4. Tendas de apostas.
III.2.2. Establecementos para actividades deportivas
III.2.3.1. Parques de atraccións e temáticos.
III.2.3.2. Parques acuáticos.
III.2.3.3. Salóns recreativos.
III.2.3.4. Parques multiocio.
III.2.6. Establecementos para actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas.
III.2.7. Establecementos de ocio e entretemento.
III.2.7.1. Salas de festas.
III.2.7.2. Discotecas.
III.2.7.3. Pubs.
III.2.7.4. Cafés-espectáculo.
III.2.7.5. Furanchos.
III.2.8. Centros de lecer infantil.