Este luns, o Comité Clínico encargado de facer o seguimento da evolución da Covid-19 na nosa Comunidade, acordou tras revisar os preocupantes datos que indican o aumento alarmante dos casos de coronavirus, elevar ao nivel máximo de restricións a Vigo e Pontevedra, ademáis de outros 53 concellos máis.
Así, dos 53 concellos, once son da área sanitaria de A Coruña: Betanzos, A Laracha, Sada, Abegondo, Cabana de Bergantiños, Coristanco, Dumbría, Muxía, Oza-Cesuras, Sobrado e Vilasantar. Outros dez corresponden ao área de Vigo: Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, Arbo, A Cañiza, As Neves, Crecente, Mondariz y Salceda de Caselas y outros dez máis na área sanitaria de Santiago: Ordes, Teo, A Baña, Negreira, Padrón, Rois, Dodro, Touro, Arzúa e Silleda.
Na área sanitaria de Ferrol atópanse nove concellos que pasan ao nivel alto de restricións: Cariño, Cedeira, Cerdido, Mañón, Moeche, Mugardos, Neda, San Sadurniño e Valdoviño, mentras que na correspondente a Ourense pasan cinco concellos: Celanova, Porqueira, Ribadavia, Trasmiras e Vilar de Santos.
Tamén pasarán ao nivel máximo 5 concellos da área sanitaria de Pontevedra: A Lama, Catoira, Forcarei, Meis y Moraña, e tres na de Lugo: Burela, Cervo y O Vicedo.
Tras sumar estes 53 concellos máis os de Vigo e Pontevedra, quedando Lugo como a única cidade galega en nivel medio-alto, Galicia pasará a ter 115 concellos no máximo nivel, o que supón un 72% do total da súa poboación.
Ademáis das medidas xerais que afectan a toda a Comunidade Galega, como o toque de queda ás 22:00 horas e o peche dos comercios ás 21:30, limitando as reunión a catro persoas non convivintes, estar no nivel máximo de restricións supón, a día de hoxe, entre outras:
· A movilidade limitarase a cada un destes concellos, o que supón que quedan illados individualmente e, polo tanto, se eliminan as almendras o agrupacións de municipios.
· A hostalería non terá servizo de interior e no exterior poderán atender ata as 18:00 horas. Tamén poderán ofrecer servizo a domicilio.
· O aforo a centros comerciais e do 30%, prohibindo permanecer nas zonas comúns que só servirán para o tránsito de persoas.
· Peche dos establecementos de xogo.