O pasado 14 de novembro o noso presidente José Ramón Caldas e a vicepresidenta Silvia Crespo asistiron ao acto conmemorativo do 30 aniversario da IV Conferencia Mundial sobre as Mulleres en Beijing no Parlamento de Galicia.

O presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices, lembrou o papel pioneiro da Cámara galega nas políticas de igualdade e como a Declaración e a Plataforma de Acción de Beijing seguen marcando o camiño cara a unha igualdade real.

Para nós foi un privilexio compartir unhas palabras con Manuela López Besteiro, “Manolita”, exconselleira de Igualdade e unha das grandes referentes nesta conversa sobre os dereitos das mulleres.