APE Galicia pon en marcha durante este mes de setembro as xornadas gratuítas de Prevención de Riscos Laborais nas catro provincias de Galicia. Deste xeito, ao longo deste mes recorremos A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra para impartir:
- «PRL e traballadores de máis de 55 anos», para dar a coñecer cales son os riscos que sofre este sector no seu lugar de traballo e as pautas e ferramentas para protexernos.
- «Avances en saúde laborable e condicións de traballo con perspectiva de xénero», cuxo obxectivo é sensibilizar da importancia da perspectiva de xénero na actividade de prevención dos riscos laborais.
- «Fomento do hábito de vida saudable na contorna laboral», para promover un estilo de vida saudable e difundiremos as novas ferramentas de promoción destes bos hábitos na contorna laboral.
As prazas son limitadas e as inscricións faranse dende a nosa páxina www.apegalicia.gal.
As xornadas, que terán unha duración aproximada de tres horas cada unha, contan coa colaboración da Xunta de Galicia, COETICOR, Asociación Boirense de Empresarios, Asociación Empresarial de Profesionales y Autónomos de Ourense, Aprevar, Aelu Mulleres Empresarias Lugo e ARE Rianxo.