Xa é posible presentar candidaturas para participar na 6ª edición do Encontro de Emprendemento PONT-UP STORE que se celebrará os días 19, 20 e 21 de setembro na Praza de España de Pontevedra.
Esta iniciativa, liderada polo Campus CREA de Pontevedra (Universidade de Vigo) co apoio do Concello de Pontevedra como patrocinador principal, é froito da cooperación de máis de 45 entidades públicas e privadas que durante estes seis anos foron sumándose ata conformar un ecosistema de apoio ao emprendemento, co obxectivo de converter a Pontevedra durante tres días na capital galega das mellores iniciativas empresariais.
Se tes un novo emprendemento con menos de 3 anos e medio (42 meses) dende a creación da empresa, envía a túa candidatura!
Podes escoller ata o 7 de xullo entre 3 modalidades de participación gratuítas:
Dispoñer dun stand sen custe durante dous días.
Propoñer actividades demostrativas para o programa.
Participar no «Puntazo Expres» onde terás a oportunidade de presentar o teu emprendemento a importantes empresas e entidades.
As candidaturas poderanse presentar a unha ou varias modalidades ata o 7 de xullo cubrindo a seguinte ficha que atoparás no seguinte enlace, coa túa candidatura: https://pontupstore.com/web/gl/participa/bases-e-inscricion .
Nota: A decisión do comité organizador farase pública o 23 de xullo.