Obxecto
Están dirixidas a actuacións en mercados e prazas de abastos de Galicia que teñan o selo de Mercado Excelente ou que estean no proceso para obtelo, así como a dinamización e revitalización destes espazos.
As subvencións tramitaranse en réxime de concorrencia non competitiva e están suxeitas ao réxime de axudas de minimis. A axuda total para unha única empresa non poderá exceder os 300.000 € durante calquera período de tres anos.
Serán subvencionables as actuacións realizadas entre o 1 de xaneiro de 2025 e o 14 de novembro de 2025 Para asociacións e federacións de prazas de abastos, tamén se consideran subvencionables as actuacións realizadas entre o 1 de novembro de 2024 e o 31 de decembro de 2024, dado que teñen continuidade no período de Nadal.
Este programa de subvencións está enfocado á mellora e á revitalización das prazas de abastos, favorecendo a súa modernización e dinamización para mellorar os servizos ofrecidos aos usuarios.

Entidades beneficiarias
Federacións e asociacións de vendedores das prazas de abastos, sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas e teñan, como mínimo, o 50 % dos postos ocupados na praza de abastos.
Cooperativas de vendedores/as das prazas de abastos legalmente constituídas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Características da axuda
Actuacións subvencionables nas prazas de abastos co selo de Mercado Excelente:
– Acondicionamento das instalacións: melloras na imaxe, climatización, sistemas de recollida de auga, iluminación eficiente, illamento acústico, entre outros.
– Servizos para a clientela: servizo de carros, zonas de descanso, servizo de reparto a domicilio, consigna frigorífica, servizo de cociñado de produtos.
– Outros servizos: instalación de pantallas de información, quendas automáticas, rede wifi, entre outros.
– Loxística e comercialización: creación de embalaxes sustentables, sistemas de envasado ao baleiro.
– Aparcadoiros: mellora de aparcadoiros para vehículos e bicicletas.
– Conservación e mantemento: conservación e mellora das instalacións e equipos.
– Equipamento persoal dos praceiros/as: co branding común e corporativo do mercado (máximo 6.000 €).
– Mentoring e formación: mellora da rendibilidade e atención á clientela (máximo 3.000 €).
– Campañas de dinamización comercial: campañas de atracción de clientela (máximo 10.000 €), incluíndo servizos profesionais, publicidade e material de promoción.
– Deseño de imaxe corporativa.
– Equipamento comercial: equipos de frío industrial, mostradores, vitrinas e outros equipos fixos e enerxeticamente eficientes.
Actuacións subvencionables nas prazas de abastos sen selo de Mercado Excelente (fase preparatoria):
– Diagnose de situación e usos: estudo realizado por consultoría especializada (máximo 15.000 €), que inclúa análise de mercado, impacto económico, estratexia de mellora, avaliación de procedementos administrativos, etc.
– Actualización da diagnose: se transcorren máis de dous anos dende a diagnose inicial (máximo 4.000 €).
– Mentoring e formación: formación e accións de mentoring para praceiros/as (máximo 3.000 €).
– Documentación técnica: gastos relacionados coa documentación técnica e coordinación de obras, se proceden.

Estas actuacións están orientadas a mellorar a infraestrutura, a competitividade e a sustentabilidade das prazas de abastos en Galicia, así como a facilitar a obtención do selo de Mercado Excelente

Prazo de presentación
Do 12/03/25 ao 14/04/25

Publicación no DOG
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250228/AnuncioG0767-180225-0001_gl.html

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?