OBXECTO
As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto o fomento da comercialización da artesanía galega. As ditas actuacións deberán estar realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2024 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 20. Así mesmo, excepcionalmente considéranse subvencionables os gastos efectuados desde o 1 de novembro ata o 31 de decembro de 2023 derivados da organización e participación en feiras do período do Nadal 2023-2024, así como os gastos efectuados no ano 2023 para o pagamento da súa reserva.
ENTIDADES BENEFICIARIAS
Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases e sempre que nas persoas solicitantes non concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, as persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas e que, en todo caso, cumpran, ademais, os seguintes requisitos:
- Titulares de obradoiros artesanais, xa sexan persoas físicas ou xurídicas e comunidades de bens, inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. No caso de novos obradoiros, poderán solicitar a inscrición no dito rexistro ata o último día de prazo establecido para a presentación da solicitude de subvención.
- Asociacións profesionais e empresariais de artesás/áns de Galicia legalmente constituídas das cales cando menos o 80 % dos seus membros, cun mínimo de 10, figuren inscritos na sección primeira (obradoiros artesáns) do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
- Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia. Os concellos deberán cumprir co deber de remisión das contas xerais de cada exercicio ao Consello de Contas, nos termos previstos no artigo 4 do Decreto 139/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.
Primaranse aqueles concellos que coordinen as súas solicitudes e compartan ou mancomunen obras ou servizos, dando cumprimento así ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 28 de febreiro de 2013, polo que se aproban os criterios aplicables ás axudas e subvencións destinadas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para primar proxectos de xestión compartida e incentivar procesos de fusión municipal.
ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES
- Titulares dos obradoiros artesanais.
Considéranse actuacións subvencionables a participación como expositora/or en feiras ou eventos de interese artesanal, nacionais ou internacionais:
a) Feiras profesionais de artesanía.
b) Feiras non profesionais.
c) Feiras profesionais e non profesionais do período do Nadal 2023/24.
Concellos.
a) Feiras monográficas cuxo obxectivo sexa a venda e posta en valor de produtos dun mesmo oficio tradicional.
b) Feiras non monográficas de distintos oficios.
Asociacións profesionais e empresariais de artesás/áns:
Considéranse actuacións subvencionables:
- A organización de feiras de artesanía, no ámbito da Comunidade Autónoma, de distintos oficios e que conten cun mínimo dun 70 % de postos de obradoiros artesáns inscritos na sección primeira do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia sobre o total de postos.
- O mantemento da páxina web
PRAZO DE PRESENTACIÓN
O prazo para presentar as solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. O prazo para presentar as solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Do 28 de xuño ao 29 de xullo de 2024
PUBLICACION EN DOG
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240627/AnuncioG0767-180624-0001_gl.html