A Xunta pon en marcha o terceiro Plan de Rescate para autónomos e pemes sumando preto de 560 millóns de euros en axudas directas en seis meses
Este terceiro programa, conta cun orzamento de 34 millóns, incluiye a persoas traballadoras autónomas e empresas con máis de 10 traballadores e cun volume de facturación superior a 2 millóns de euros, así como a empresas de máis de 25 traballadores, cuns apoios que irán dos 10.000 euros ata os 30.000 euros.
A orde saíu publicada no DOG no día de hoxe. O prazo de solicitude destas axudas poderán solicitarse durante un mes.
Hoxe presentamos as tres liñas de axudas dentro do III Plan de rescate para os traballadores autónomos e as microempresas efectadas pola crise da Covid-19.
1 . Programa I de apoio ás persoas traballadoras autónomas en estimación obxectiva ( TR600A)
A axuda concederase por un importe máximo de 3.000 euros cando se trate de empresarios ou profesionais que apliquen no réxime de estimación obxectiva no imposto da renda das persoas físicas no ano 2019.
2. Programa II. De apoio ás persoas traballadoras autónomas individuais e persoas traballadoras autónomas ou empresas con ata 10 persoas traballadoras, ou de ata 25 persoas traballadoras cun volume de facturación de ata 2 millóns de € ( TR600 ????
As axudas, en función da caída do volume de operacións do ano 2020 respecto do ano 2019, concederanse inicialmente polos seguintes importes, sen prexuízo de que resulte aplicable o previsto no artigo 5.2 desta Orde, para o caso de que existan créditos sobrantes nalgún programa:
a) 6.000 euros se a caída do volume de operacións está entre máis dun 30 % e ata un 60 %
b) 7.000 euros se a caída do volume de operacións é máis dun 60 % e menos dun 70 %
c) 8.000 euros se a caída do volume de operacións é do 70 % ou máis
Dita cantidade incrementarase ata 3.000 euros en función do número de persoas traballadoras por conta allea que teñan no momento da publicación da Orde, segundo a escala seguinte:
a) 1.000 euros se teñen de 4 a 9 persoas traballadoras.
b) 2.000 euros se teñen de 10 a 20 persoas traballadoras.
c) 3.000 euros se teñen de 21 a 25 persoas traballadoras.
3. Programa III. De apoio ás persoas traballadoras autónomas ou empresas con máis de 10 persoas traballadoras e cun volume de facturación de máis de 2 millóns de euros, ou empresas de máis de 25 persoas traballadoras ( TR600 C)
As axudas, en función da caída do volume de operacións do ano 2020 respecto do ano 2019, concederanse inicialmente polos seguintes importes, sen prexuízo de que resulte aplicable o previsto no artigo 5.2 desta Orde, para o caso de que existan créditos sobrantes nalgún programa:
a) 10.000 euros se a caída do volume de operacións está entre máis dun 30 % e ata un 60 %.
b) 12.000 euros se a caída do volume de operacións é máis dun 60 % e menos dun 70 %.
c) 15.000 euros se a caída do volume de operacións é do 70 % ou máis.
Dita cantidade incrementarase ata 15.000 euros en función do número de persoas traballadoras por conta allea que teñan no momento da publicación da Orde, segundo a escala seguinte:
a) 5.000 euros se teñen de 26 a 50 persoas traballadoras.
b) 10.000 euros se teñen de 51 a 100 persoas traballadoras.
c) 15.000 euros se teñen máis de 100 persoas traballadoras.
Podes consultar as nosas infografías nas nosas RRSS