Obxecto
O obxectivo destas axudas é impulsar a internacionalización das pemes galegas, tanto das que
aínda non exportan ou teñen pouca presenza exterior como das que xa operan fóra, para que
poidan consolidarse e expandirse a novos mercados.
As axudas están dirixidas a:
Empresas que queiran iniciar a súa actividade internacional.
Empresas xa internacionalizadas que busquen ampliar a súa presenza noutros países ou
sectores.
Pemes galegas que, aínda operando desde Galicia, pretendan atraer clientes do estranxeiro.
Empresas que estean en procesos de internacionalización inversa (é dicir, captar investimento
ou oportunidades desde o exterior cara Galicia).
Persoas Beneficiarias
• Sexan pequenas ou medianas empresas (pemes), segundo a normativa europea.
• Teñan un centro de traballo en Galicia con polo menos un traballador contratado (non
aplica a startups certificadas por Enisa ou empresas de menos de 42 meses de
antigüidade).
• Estean dadas de alta en programas avanzados do Igape para a internacionalización e
conten cun informe favorable desde o 1 de xaneiro de 2013. Se non o están, deben darse
de alta antes de presentar a solicitude.
• Estean ao día coas obrigas coa Facenda estatal, galega e coa Seguridade Social.
• Teñan capacidade suficiente para xestionar e executar a axuda.
Prazo de presentación
26/05/2025 09:00 – 30/09/2025 14:00
Publicación no DOG
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250516/AnuncioO92-060525-0003_gl.html