Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e o seu obxectivo é regular as condicións e o procedemento de tramitación do marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca (SGR) e as entidades de crédito adheridas, que se desagrega nas liñas de financiamiento específicas detalladas no Anexo I das bases reguladoras.
Persoas Beneficiarias
As pequenas e medianas empresas, físicas ou xurídicas, que cumpran os seguintes requisitos:
a) Realicen unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto da actuación a financiar, localizada na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Cumpran os requisitos e condicións establecidos para a correspondente liña de financiamento, que se detallan no Anexo I ás bases reguladoras.
Tamén poderán ter a condición de persoas beneficiarias as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens, as sociedades civís, ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, cumpran os requisitos do anterior número 1.
Dotación orzamentaria
Os créditos dispoñibles para concesión nesta convocatoria aboaranse con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias por un importe de 19.000.000 € coa seguinte distribución plurianual, previa existencia de crédito adecuado e suficiente:
Ano 2025: 3.750.000€
Ano 2026: 9.450.000€
Ano 2027: 5.500.000€
Forma e prazo de presentación
O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará a computarse 5 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia ás 9.00 horas e rematará o 30 de setembro de 2025 ás 14.00 horas, agás que antes desa data se produza o esgotamento do crédito.
Publicación no DOG
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250113/AnuncioO92-080125-0001_gl.pdf