Obxecto
A persistencia da necesidade de dar solución ás dificultades de reintegro que presentan determinadas operacións de préstamo, así como de facilitar a recuperación polo erario autonómico dos importes endebedados, fai aconsellable e oportuno manter a dispoñibilidade desta liña de novacións, e convocala de novo no 2025, incluíndo adicionalmente a posibilidade de novacións limitadas ao cambio de tipo de xuro, pasando de tipo fixo a variable.

Persoas Beneficiarias e Requisitos
Poderán ser persoas titulares das operacións de novación reguladas nestas bases as persoas físicas ou xurídicas que cumpran algún dos seguintes requisitos: a) Sexan titulares de débedas vivas co Igape por préstamos en vigor, que presenten dificultades de liquidez que non lles permiten afrontar as obrigas de pagamento co calendario actual do préstamo, ou ben que fosen formalizadas a tipo de xuro fixo e queiran modificalo a tipo de xuro variable. b) Sexan titulares de débedas co Igape derivadas da falta de pagamento de préstamos xa vencidos. c) Sexan fiadores de préstamos do Igape con débedas vencidas.
d) Sexan titulares de bens que garantan débedas vencidas co Igape, derivadas da falta de pagamento de préstamos, e pretendan facer fronte ao reembolso das débedas para evitar a perda do ben.

Dotación
Ano 2025: 2.000.000€
Ano 2026: 2.000.000€

Forma e prazo de presentación
O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará a computarse 5 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ás 9.00 horas e rematará cando se produza a primeira das seguintes circunstancias:
a) Que conforme as solicitudes recibidas, se esgote o crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape, co fin de pechar anticipadamente o prazo de presentación de solicitudes.
b) O 30.12.2025, ás 14.00 horas.

Publicación no DOG
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250113/AnuncioO92-271224-0001_gl.html

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?