Obxecto
Apoiar ás pemes e grandes empresas de Galicia no desenvolvemento tecnolóxico e a in novación a través do uso da Intelixencia Artificial, subvencionando as seguintes tipoloxías de proxectos clasificados en:
Liña A: Desenvolvemento de tecnoloxía para a mellora da actividade económica e industrial e para a comercialización de novos produtos e servizos baseados en Intelixencia artificial.
Liña B: Proxectos de implantación e aplicación de servizos e/o solucións comerciais baseadas en Intelixencia Artificial para mellorar a competitividade das empresas de Galicia, e proxectos no marco da xestión estratéxica do dato para acelerar a adopción de solución baseadas en Intelixencia Artificial.
Liña C: Proxectos de formación en Intelixencia Artificial en empresas de Galicia, para mellorar a súa capacitación, competitividade e integración da Intelixencia Artificial nas súas cadeas de valor.

Persoas Beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas de calquera sector galegas ou cun centro de traballo en Galicia, que realicen calquera actividade económica coa excepción, cando resulte de aplicación a cada Liña o Regulamento (UE) 2023/2831 (Regulamento de minimis), das actividades excluídas por este:
• A produción primaria de produtos da pesca e da acuicultura.
• A produción primaria de produtos agrícolas e gandeiros.
Asemade, non poderán ser consideradas como persoas beneficiarias todas aquelas empresas que se dediquen a sectores especificamente excluídos en materia de investigación, desenvolvemento e innovación polo Regulamento (UE) 651/2014, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado pertinente a efecto do EEE.

Forma e prazo de presentación
O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará a computarse 5 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia ás 9.00 horas e rematará ás 14.00 horas do 30 de abril de 2025 para a liña A e do 31 de outubro de 2025 para as liñas B e C, agás que antes desas datas se produza o esgotamento do crédito.

Publicación no DOG
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250114/AnuncioO92-090125-0001_gl.pdf

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?