Obxecto
Concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto incrementar a capacidade innovadora das pemes e grandes empresas con centro de traballo en Galicia, mediante a introdución de innovacións significativas que incrementen a súa competitividade, a través da aplicación do deseño, da xeración e incorporación de coñecementos, tecnoloxías e innovacións destinadas á mellora de procesos e á creación de produtos e servizos tecnoloxicamente avanzados e de maior valor engadido. Igape Innova financiará actividades integradas en plans de deseño e innovación, segundo a súa finalidade, mediante as seguintes liñas de actuación:
Liña 1. Plans de innovación en procesos e organización.
Liña 2. Plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade.

Persoas beneficiarias
1. Pequenas e medianas empresas galegas ou cun centro de traballo en Galicia para as liñas 1 e 2 e as grandes empresas galegas ou cun centro de traballo en Galicia para a liña 2.

Contía da axuda
Liña 1: Plan de Innovación:
– Plan/ Orzamento: de 50.000€ a 250.000€
– Subvención PEME de 25.000 € a 125.000€
– PEME 50%
Liña 2: Plan de deseño:
– Plan/ Orzamento: de 50.000€ a 250.000€
– Subvención PEME de 25.000€ a 125.000€
– PEME 50%

Forma e prazo de presentación
O prazo de presentación de solicitudes da axuda comezará a computar 5 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e será dun mes contado desde as 9.00 horas do día de inicio do prazo e ata as14.00 horas do día no que se cumpra o citado prazo dun mes.

Publicación no DOG
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250114/AnuncioO92-090125-0003_gl.pdf

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?