Obxecto
1. Constitúe o obxecto destas bases reguladoras a concesión de axudas a proxectos de investimento empresarial das seguintes modalidades: Proxectos de investimento empresarial xerais e proxectos de investimento en equipamento produtivo.
2. Os proxectos de investimento obxecto de apoio deberán responder a algunha das seguintes tipoloxías de proxecto subvencionables:
– Creación dun novo establecemento.
– Ampliación de capacidade de establecementos existentes.
3. O importe do investimento subvencionable dos proxectos para os cales se solicita a axuda deberá ser igual ou superior a 50.000 € para a modalidade I.1 e a 25.000 € para a modalidade I.2, e non superar os 800.000 € en ningunha das dúas modalidades.
4. As pemes interesadas só poderán presentar unha solicitude de axuda nesta convocatoria.

Persoas Beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas que proxecten levar a cabo un investimento considerado subvencionable ao abeiro do regulado nestas bases nalgún centro de traballo localizado na Comunidade Autónoma de Galicia. 2. Para os efectos destas bases, consideraranse pemes as empresas que respondan á definición de peme establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, calquera que sexa a súa forma xurídica, polo que tamén poderán acceder á condición de persoa beneficiaria as persoas físicas, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, mesmo carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se encontren na situación que motiva a concesión da subvención. Características da axuda 1. Serán subvencionables os investimentos proxectados para o desenvolvemento de calquera actividade económica, agás as excluídas nas seguintes epígrafes. 2. Exclúense as seguintes actividades: – A produción e comercialización agrícola primaria. – A extracción, produción, transformación e comercialización dos produtos da pesca e da acuicultura. – A produción e distribución de enerxía e infraestruturas enerxéticas. 3. Tampouco se poderán conceder axudas ao abeiro destas bases para financiar os seguintes tipos de investimento, segundo o disposto no artigo 7 do Regulamento (UE) 2021/1058 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, relativo ao Feder e ao Fondo de Cohesión, e no Acordo de Asociación para o OE 1.3: – A produción, a transformación, o transporte, a distribución, o almacenamento ou a combustión de combustibles fósiles. – A fabricación, a transformación e a comercialización de tabaco e produtos do tabaco. – A construción de centros que presten servizos de formación. – Infraestruturas residenciais para colectivos en risco de institucionalización. – Clausura ou construción de centrais nucleares. – Investimentos destinados a reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro. – Infraestruturas aeroportuarias. – Investimentos en eliminación de refugallos en entulleiras.
– Investimentos en aumentar a capacidade das instalacións para o tratamento de refugallos residuais, coa excepción de investimentos en tecnoloxías para recuperar materiais de refugallos residuais con fins de economía circular. 4. Non serán subvencionables os gastos de apoio á relocalización. Investimento subvencionable 1. Serán subvencionables os investimentos en activos fixos, materiais ou inmateriais, que estean vinculados ao proxecto para o cal se solicita a axuda e que se materialicen nos conceptos e cos requisitos que se relacionan para cada modalidade no artigo 6.6 destas bases reguladoras. 2. Os activos adquiridos deberán ser novos, excepto para a adquisición de construcións ou inmobles nos casos e cos requisitos en que así se prevexa expresamente no artigo 6.6 destas bases reguladoras, ou para a adquisición dos activos pertencentes a un establecemento que pechou, ou que pecharía se non se adquirise, para continuar coa súa actividade. 3. Os bens obxecto de investimento deberán ser adquiridos en propiedade pola persoa beneficiaria; admítese, como excepción e de maneira expresa, a obra civil en terreos ou inmobles sobre os cales exista un dereito de superficie, unha concesión administrativa ou un contrato de arrendamento. No caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de pagamento aprazado, estes deberán pasar a ser de propiedade plena da persoa beneficiaria antes do final do prazo de execución do proxecto, e neste momento deberán constar o vencemento e pagamentoo das cantidades aprazadas.

Contías das axudas
Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á aplicación orzamentaria 09.A1.741A.7700 e cos seguintes importes e distribución plurianual:
Liña 1: 100.000 € con cargo ao ano 2025, 2.400.000 € con cargo ao ano 2026, 2.000.000 € con cargo ao ano 2027 e 500.000 € con cargo ao ano 2028.
Liña 2: 100.000 € con cargo ao ano 2025, 3.000.000 € con cargo ao ano 2026, 1.800.000 € con cargo ao ano 2027 e 100.000 € con cargo ao ano 2028.

Forma e prazo de presentación
O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará a computarse cinco (5) días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia, ás 9.00 horas, e rematará o 30 de setembro de 2025, ás 14.00 horas, agás que antes desa data se produza o esgotamento do crédito

Publicación no DOG
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250113/AnuncioO92-121224-0001_gl.html

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?