OBXECTO
Esta orde ten por obxecto reforzar o crecemento sostible e a competitividade das pemes e a creación de emprego nestas empresas, tamén mediante investimentos produtivos.
ENTIDADES BENEFICIARIAS
Poderán ser entidades beneficiarias as pemes, incluíndo os autónomos, comunidades de bens, asociacións, fundacións ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, leven a cabo actividade empresarial e poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.
En calquera caso, deberán ter radicado algún centro de traballo en Galicia, e cumprir a definición de peme.
ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES
Serán subvencionables os gastos de prestación dos servizos enumerados no artigo 1.2, prestados polas entidades colaboradoras seleccionadas para cada servizo, realizados entre a data de solicitude e a data límite de execución establecida na resolución de convocatoria das axudas.
As entidades colaboradoras non poderán estar asociadas nin vinculadas coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores. Para estes efectos, considérase que existe vinculación entre empresas se se dan as circunstancias previstas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia e o artigo 43.2 do decreto que desenvolve a citada lei.
O período de execución dos gastos e investimentos subvencionados denomínase prazo de execución do proxecto e abarcará desde a data de presentación da solicitude ata o remate do prazo establecido na resolución de concesión, que non poderá superar a data para a execución dos proxectos establecida na resolución de convocatoria.
PRAZO DE PRESENTACIÓN
O prazo para a presentación das solicitudes iníciase o día 11 de xuño e remata o 16 de septembro de 2024, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito. O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará ás 8.00 horas do 1 de abril de 2024 e rematará ás 14.00 horas do 15 de novembro de 2024, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito
PUBLICACION EN DOG
Resolución DOG Luns, 15 de xaneiro de 2024 (xunta.gal)
IG285 – REACCIONA v4 (igape.gal)