Obxecto
Apoiar a posta en marcha de proxectos de dixitalización cuxa finalidade sexa a implantación de solucións que proporcionen soporte dixital aos procesos dunha empresa, así como proxectos de interconexión dixital entre unha empresa galega e outras, ou entre dúas ou máis empresas galegas. Estes proxectos poden incluír, entre outros, ordes de fabricación distribuída, sistemas de facturación ou procesos de coordinación entre un líder industrial e as pemes que integran a súa cadea de valor.
Persoas Beneficiarias
As pequenas e medianas empresas (pemes), calquera que sexa a súa forma xurídica, incluídos os empresarios autónomos, que teñan un centro de traballo en Galicia no cal se vaia realizar o proxecto, de calquera sector da actividade económica incluído no ámbito de aplicación do devandito Regulamento (UE) 651/2014, tendo en conta as excepcións indicadas no punto 4.a) das bases. As pemes poderán solicitar axudas das tipoloxías de proxectos individuais descritas no artigo 1.a) das bases. Para poder solicitar as axudas das tipoloxías de proxectos colectivos descritas no artigo 1.b) das bases, as persoas interesadas deberán previamente constituír unha agrupación das previstas no artigo 8.3 da Lei 9/2007. A dita agrupación terá que estar constituída polo menos por dúas pemes con centro de traballo en Galicia Características da axuda 1. O importe subvencionable de cada proxecto determinarase segundo criterios definidos, clasificando os proxectos en tres tipos. 2. Conceptos subvencionables: a) Investimentos materiais e/ou inmateriais novos, necesarios para o proxecto, excluíndo inmobles, mobiliario, transporte exterior e equipamento TIC básico. Excepcionalmente, poderá autorizarse equipamento TIC específico. O software como servizo (SaaS) non é subvencionable. b) Servizos de consultoría externa relacionados coa execución do proxecto, excluíndo formación e gastos de explotación normais. c) Nos proxectos colectivos, un organismo intermedio poderá facturar gastos de coordinación ata un máximo de 1.500 € por peme, cun total de 6.000 € por proxecto. d) Nos proxectos individuais coordinados por un hub de innovación dixital, poderá subvencionarse ata 6.000 € por servizos de consultoría. e) Se as colaboracións externas ou adquisición de activos inmateriais superan 30.000 € ou a suma de investimentos e colaboracións supera 45.000 €, será subvencionable un informe dun enxeñeiro cualificado ata 2.000 €. 3. As pemes deben achegar unha contribución financeira mínima do 25% do importe subvencionable, sen apoio público. 4. Os investimentos non poderán comezar antes da solicitude de axuda. A solicitude debe incluír unha declaración expresa. 5. O prazo de execución abarcará desde a solicitude ata o remate do prazo establecido na resolución de concesión. 6. Os bens deben ser adquiridos en propiedade e, se son a prazo, deben ser de propiedade plena antes do remate do proxecto. 7. Se os gastos superan 15.000 €, deben solicitarse tres ofertas de diferentes provedores, salvo que non haxa suficientes no mercado. 8. O investimento debe incluírse no activo da empresa e manterse en Galicia durante 3 anos. 9. Os activos intanxibles deben usarse exclusivamente no establecemento beneficiario e ser amortizables. 10. Os provedores non deben estar vinculados coa empresa solicitante. 11. Os bens e servizos deben adquirirse a terceiros e non superar o valor de mercado. 12. O IVE non se considera gasto subvencionable. 13. Os gastos deben ser aboados nos prazos establecidos na normativa ou na Lei 3/2004 contra a morosidade.
Contías das axudas
Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á aplicación orzamentaria 09.A1.741.A.7700 por un importe de 3.000.000 €, e polos seguintes importes e coa seguinte distribución plurianual:
Proxectos de tipo 1 (<50.000 €): 50.000 € no ano 2025 e 850.000 € no ano 2026.
Proxectos de tipo 2 (entre 50.000 € e 120.000 €): 25.000 € no ano 2025 e 875.000 € no ano 2026.
Proxectos de tipo 3 (>120.000 €): 25.000 € no ano 2025 e 1.175.000 € no ano 2026.
Forma e prazo de presentación
O prazo de presentación das solicitudes de axuda comezará a computar 5 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e será dun mes contado desde as 9.00 horas do día de inicio do prazo e ata as 14.00 horas do día en que se cumpra o citado prazo dun mes de xullo de 2023. Para presentar a solicitude, o representante do grupo deberá cubrir previamente un formulario descritivo no siguiente enlace http://www.tramita.igape.es
Publicación no DOG
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250113/AnuncioO92-101224-0001_gl.html