Obxecto
Axudas para reparar os danos sufridos en establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís de Galicia como consecuencia dos incendios forestais do verán de 2025
Características da axuda
– Axudas directas, extraordinarias e urxentes, pola declaración de emerxencia.
-Compatibles con seguros e outras axudas, sen superar o 100 % do dano.
– Non subvencionables:
Explotacións agrícolas, gandeiras ou forestais.
Xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica (agás xeración propia no establecemento).
Contías
– Ata o 100 % dos danos valorados por taxación oficial.
– Límite xeral: 600.000 € por beneficiario.
– Excepcional: ata 1.500.000 € se os danos teñen gran impacto socioeconómico ou afectan ao emprego.
Presentación
- Deben presentarse por vía electrónica a través da sede da Xunta de Galicia.
- O prazo é de un mes dende o día seguinte á publicación no DOG.
- Só se admite unha solicitude por entidade.
Obrigas
Manter actividade:
- 1 ano mínimo.
- 3 anos se a axuda supera 600.000 €.
Aceptar taxación oficial designada polo IGAPE.
- Informar doutras axudas/seguros recibidos.
- Someterse a controis do IGAPE, Intervención Xeral e órganos fiscalizadores.
- Ceder ao IGAPE dereitos de reclamación fronte a terceiros responsables dos danos.
Beneficiarios
Persoas físicas ou xurídicas titulares de establecementos comerciais, mercantís, industriais ou turísticos afectados polos incendios ou pola súa extinción.
Exentos de cumprir certos requisitos habituais de subvencións, dada a situación excepcional.
Publicación no DOG
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250830/AnuncioO92-260825-0001_gl.html