Ferrol, 10 de outubro de 2023. Ao redor de 30 persoas traballadoras autónomas e pemes de Ferrol asistiron hoxe á xornada inspiradora “A dixitalización dos negocios no rural”, organizado por APE Galicia en colaboración co IGAPE co fin de potenciar os negocios Na contorna rural. No evento, que se celebrou na Delegación da Xunta de Galicia en Ferrol, participaron o Presidente de APE Galicia, José Ramón Caldas; a Directora Xeral do IGAPE, Covadonga Toca e, a Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Ferrol, Martina Aneiros.

O relator experto en marketing dixital, Jaime Barreiro, analizou a situación das persoas traballadoras autónomas das zonas rurais e afondou nas técnicas para mellorar o seu desenvolvemento profesional e avanzar nos seus proxectos mediante a dixitalización. Ademáis, amosou as ferramentas dispoñibles e as oportunidades que poden brindar os pequenos cambios tecnolóxicos na contorna rural. Por último, fíxose unha pequena revisón de todos os apoios e axudas que a Xunta de Galicia ofrece para que se poidan levar a cabo.

Esta iniciativa, ofrece información sobre o emprendemento, a mellora do desenvolvemento profesional, a consolidación de proxectos e a reinvención dos negocios. En xeral, o obxectivo destas xornadas formativas é inspirar ás persoas autónomas das zonas rurais, animar a emprender, consolidar o negocio no rural e detectar novas oportunidades que chagan da man dos cambios tecnolóxicos.

O programa continuará o 17 de outubro en Sarria de 12:00 a 14:30, pero pasará tamén por Ribadeo, San Cibrao das Viñas, Vilamartín de Valdeorras e Marín, cidade onde se clausurará esta edición de xornadas inspiradoras.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse a través de www.apegalicia.gal.

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?