Hoxe publícase no DOG a ORDE do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a promoción do emprego autónomo en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 e se procede a súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento TR341D).
Ao abeiro desta orde subvencionaranse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional e os gastos de mantemento da actividade, que, cumprindo os requisitos e condicións establecidas nela, se formalicen desde o 30 de setembro de 2023 ata o 29 de setembro de 2024, ambos inclusive.
A subvención contempla dúas liñas de axudas:
Liña 1: unha axuda para o inicio da actividade económica e mantemento do emprego como persoa traballadora autónoma. Esa axuda será de 2.000 euros en xeral para os desempregados que decidan emprender e ata 4.000 en casos concretos: menores de 30 anos, parados de longa duración, persoas con discapacidade, emigrantes retornados, maiores de 52 anos ou persoas en risco de exclusión social. A  contía base incrementarase nun 15 % cando a persoa incorporada trátese dunha muller, o seu centro de traballo estea nun concello rural, trátese dunha persoa trans, maiores de 45 anos ou se incorpore a «profesións e oficios nos que a muller estea subrepresentada». (Nestes casos a axuda é acumulable e pode chegar aos 7.000 euros).
Liña 2: unha axuda para sufragar os gastos do mantemento da actividade por conta propia, equivalente a 12 meses da contía da cota reducida regulada no apartado 1 do artigo 38.ter da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo. Consistirá basicamente en que a Xunta retribuirá ao novo autónomo 960 euros, correspondentes ás 12 mensualidades dese primeiro exercicio, (80 euros mensuais) Compatible con outras axudas.

As solicitudes deberanse presentar obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia  https://sede.xunta.gal

O prazo para a presentación de solicitudes iníciase o día 16 de xaneiro de 2024 e remata o 30 de setembro de 2024.