O Goberno de España publicou fai unhas horas, unha guía de boas prácticas en centros de traballo para previr os contaxios do Covid-19 coincidindo coa reincorporación aos seus centros de traballo, o luns e martes, de todos aquelas persoas traballadoras de actividades non esenciais que non poidan teletraballar.
Ademáis, aconsella que ninguén que estivese en contacto con persoas que puidesen estar afectadas polo Covid-19, «aínda cando non teña síntomas», acuda ao seu posto de traballo. Tampouco o deben facer as mulleres embarazadas, as persoas con patoloxías previas e aquelas de idade avanzada pero aínda en situación laboral. Estes grupos deben contactar co seu médico para solicitar a baixa.
Poden consultar e descargar esta guía e outros documentos de interese nesta páxina ou no seguinte enlace: